Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A Exhibición De Radiocontrol E Modelismo Fará De Allariz Un Punto De Referencia A Nivel Mundial

23 Xuño, 2018



Esta fin de semana celebrarase en Allariz unha exhibición de modelismo e radiocontrol, grazas ao bo facer de Santiago Mariscal e Ramón Vila, que logo de dous anos conseguiron que a súa pista se convertera na máis grande que existe en Europa destas características.

Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, agradecía o “bo facer de Ramón e Santiago, xa que ca súa labor fan de Allariz nestes días un referente mundial”.

Durante a fin de semana, coas inscricións xa pechadas, os/as amantes do modelismo e do radiocontrol, poderán participar na exhibicións, que se levarán acabo durante os dous días, en horarios tanto diúrnos, coma na exhibición en horario nocturno da noite do sábado.

allariz

 

Dende a organización, Santiago de Rc Trucks Galicia dá conta das novidades desta edición, na que salienta entre elas o aparcamento de tres plantas e o porto de montaña de 44m de circulación, entre outras moitas.

As maquetas que participarán nesta edición, son maquinaria metálicas, de escalas comprendidas entre 1:12 e 1:16, cun peso que ronda os 25 kg.

Cunha superficie de 600 m2, máis de 220m de pistas, 110 sinais de tráfico, iluminación, túneles, portos de montaña , decoración, etc… enmarcada dentro das instalación do picadeiro do Cámping- Hípica Os Invernadoiros, acondicionado para a ocasión, farán que os amantes do radiocontrol, como os espectadores que se acheguen a Allariz nesta fin de semana desfruten dun espectáculo único a nivel mundial; así como nas instalación do Complexo Deportivo O seixo, na que se poderá desfrutar da zona de aeromodelismo.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo