Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A fotografía toma a sala Valente coa ' Xeografía do Efémero', do ourensán Santi Barreiros

20 Xuño, 2018



A inauguración da exposición terá lugar este xoves, 21 de xuño, ás 20:00 horas. Permanecerá até o mes de setembro.

A sala Valente acolle, até o mes de setembro, a exposición Xeografía do Efémero, do ourensán Santi Barreiros, “un fotógrafo que xa forma parte do hábitat cultural desta cidade”, salientaba Belén Iglesias, concelleira de Cultura.

A exposición móstranos obxectos inertes, pero só namentres están plasmados no soporte fotográfico, pois aos ollos dos espectadores cobran vida: “As paisaxes das penas, as pólas das árbores, as pingas de auga ou as arañeiras son parte dun ecosistema vivo que cobra vida na nosa retina”, dixo.

“Porén, capturar o momento non depende tanto do obxecto mecánico co que se leve a cabo, senón do ollo que mira a través del. E na cabeza de Santi Barreiros hai moito movemento, moita cor... moita vida”, proseguía.

A titular da área de Cultura celebrou, igualmente, “que o corazón de Ourense acolla esta colección de miradas de Santi Barreiros, pois tamén el é documentalista e custodio da memoria da nosa cidade”.

exposicion Santi Barreiros

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo