Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A obra vangardista de Agnés Varda protagoniza o verán artístico pontevedrés

27 Xuño, 2018



A exposición máis importante sobre a obra da cineasta francesa Agnés Varda, nada en 1928, que se celebra no Estado Español terá lugar a partir do vindeiro día 28 no Pazo da Cultura de Pontevedra, Baixo o título “Variacións ao redor do mar”, a mostra incluirá 9 instalacións videográficas, arredor de cen fotografías de distintas épocas e un ciclo de cinema no que poderá verse a súa última produción, “Rostros e lugares”, de 2017, ademais doutros filmes de distintas épocas.

A inauguración desta mostra terá lugar o vindeiro xoves 28 de xuño, ás 20 horas.

A comisaria da exposición, Julia Fabri, presentou a mostra na compaña do responsábel cultural do campus de Pontevedra, José Manuel Morquecho, e a concelleira de Cultura, Carme Fouces, quen destacou á cineasta francesa como unha das primeiras mulleres directoras de cinema e ademais un dos primeiros exemplos de cinema feminista “que non é o mesmo”. “Unha exposición —continuou Fouces— que nos axudará a posicionar culturalmente á cidade, xa que se trata dun evento único, grande, innovador e vangardista, como a propia Agnés”

Agnés

Sobre a última produción da cineastas “Rostros e lugares”, a concelleira Carme Fouces sinalou que definía moi ben a súa obra, sempre atenta aos rostros das persoas e a súa relación coa paisaxe, a partires dunha viaxe que realizou por espazos pouco turísticos de Francia cun novo fotógrafo americano.

En palabras da comisaria Fabri a motivación da exposición céntrase en especial na paisaxe marítima e os rostros de mulleres viúvas, tanto da mediterránea cidade de Sète como da illa atlántica de Noirmontier, ao oeste do país. Esa conexión marítima foi o principal argumento da idoneidade de Pontevedra como escenario desta exposición, “ademais do marabilloso espazo do Pazo da Cultura, qu

Tanto a comisaria Fabri como a concelleira Fouces louvaron o papel impulsor do encargado cultural da Universidade de Vigo, Morquecho, que puxo moitísima enerxía neste proxecto, iniciado hai dous anos e que por fin chega a materializarse este verán.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo