Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Aberta a inscrición para as 30 prazas do campamento de verán en Porto do Son - Ourense

27 Xuño, 2018



As concellerías de Xuventude e de Asuntos Socias organizan conxuntamente, na cuarta semana de agosto (21 ao 28) un Campamento Infantil - Xuvenil no Campamento Xuvenil Virxe de Loreto, en Porto Son (A Coruña). A campaña está destinada a menores de entre 9 e 14 anos de idade co gallo de desfrutar do tempo libre a través de actividades creativas e da natureza.

Desenvolverase unha actividade diaria de carácter lúdico e formativo na que a comunicación, as habilidades sociais e as relacións entre iguais a través do xogo, o teatro e a interacción coa natureza serán os elementos que favorezan a diversión, a convivencia e a cooperación.

O prazo de inscrición ábrese o mércores 27 de xuño ás 09:00 horas para presentar as solicitudes para unha das 30 prazas para nenos e adolescentes do Campamento de Verán 2018. 50 prazas están destinadas para Asuntos Sociais e 30 para Xuventude. O último día para presentar as solicitudes é o venres 6 de xullo ás 14:00 horas..

Campamento Verano

As Inscricións e a documentación requirida para participar facilitarase na Concellería de Xuventude (praza de San Martiño nº 2 baixo -dereita). Unha vez cuberta se presentará por Rexistro Xeral do Concello de Ourense en horario de 09:00 horas a 14:00 horas da mañá.

Con todas as solicitudes presentadas realizarase un sorteo público, o xoves 12 de xullo ás 11:00 horas, nas dependencias administrativas da Concellería de Xuventude.

50 prazas de Asuntos Sociais. 

Os beneficiarios son menores procedentes de familias coas que se intervén de forma máis ou menos continuada ao longo do ano desde as UNIS do Concello de Ourense. Maiormente pertencen ao Programa de Educación e Apoio Familiar, supoñendo o Campamento de Verán un recurso de lecer e tempo Libre.

As educadoras de cada UNIS poranse en contacto coas familias que cumpren o perfil idóneo en canto á idade e criterios de maior necesidade. Realízase un pequeno informe de cada un deles ao cal se achega unha serie de documentación básica (folla de inscrición, documento acreditativos de identidade, Informe médico...).

Algunhas das prazas serán ocupadas por nenos do Centro de Menores A Carballeira.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo