Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Actividades Día do Orgullo LGTBI - Ourense

20 Xuño, 2018



A ponte romana iluminarase, as noites do 27 e do 28 de xuño, das cores da bandeira multicolor.

Todas as actividades son gratuítas, e no caso do obradoiro de empoderamento erótico, haberá que anotarse previamente no Centro de Información Municipal á Muller (CIMM).

O Concello de Ourense celebrará o Día do Orgullo LGTBI cunha axenda de actividades para darlle visibilidade á diversidade sexual e contra as violencias de xénero. Así, a Concellería de Igualdade preparou unha semana de actividades que comezarán, mañá mércores, coa proxección da película Rara, da chilena Pepa San Martín, no salón de actos da Biblioteca Pública en colaboración co Cineclube Padre Feijoo, no marco do ciclo “Orgullosas; Visibilidade Lésbica” (ás 20:30 horas con entrada libre e gratuíta até completar aforo). O ciclo continuará o xoves 21, tamén no salón de actos da Biblioteca ás 20:30 horas, con Tierra firme, o aclamado filme de Carlos Marques-Marcet.

Dia del Ouggullo LGTBI

 

 

O domingo 24 de xuño, a confluencia das rúas Concordia e Paseo será o punto de saída da carreira 'Correndo X Ourense', que nesta ocasión estará dedicada contra a homo-lesbo-transfobia e as violencias de xénero, unha cita organizada co apoio do consello Municipal de Deportes. Será a partir das 12:00 horas. A inscrición, aberta ata mañá mércores a través da web carreirasgalegas.com.

Para o mércores 27 de xuño queda o obradoiro “Empoderamento erótico para mulleres”, que se celebrará de 17:00 a 21:00 horas no centro cívico A Ponte (rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43). O obradoiro, dirixido a mulleres de calquera vivencia sexual e orientación, estará impartido polas psicólogas e terapeutas sexuais Mar Insúa e Mari Fidalgo. Para anotarse, a través do teléfono 988-374-401 do Centro de Información Municipal á Muller ou do enderezo de correo electrónico concelleriamuller [arroba] ourense .es

Finalmente, con motivo do Día do Orgullo, a ponte romana estará iluminada as noites do 27 e do 28 de xuño coa bandeira multicolor: cada minuto iluminarase dunha cor diferente.

Cineforum:

“Orgullosas; Visibilidade Lésbica”. Coorganizado co Cine Clube Padre Feijóo

RARA (Dir. Pepa San Martín; Chile, 2016; 93 min.)

Sinopse: Que che gusten os mozos, ou quizá atopar que son estúpidos; ser supercercana co teu mellor amiga, e aínda así non contarlle os teus segredos; ter problemas no colexio e uns pais aburridos. Este é o tipo de problemas aos que se enfronta unha nena de 13 anos. Para Sara iso non ten nada que ver co feito de que a súa mamá viva con outra muller. Aínda que o seu pai non pense o mesmo. Premio 2016 Festival de San Sebastián: Mellor película latinoamericana.

Día: 20 xuño. Hora: 20:30 h. Lugar: Salón de actos da Biblioteca de Ourense (CineclubePF), rúa Concejo, 11

TIERRA FIRME ( Dir. Carlos Marques- Marcet; España, 2017; 115 mí.)

Sinopse: Aos seus 38 anos, Eva teme que o seu reloxo biolóxico estea a piques de pararse para sempre, pero a súa noiva Kat non quere que un recentemente nacido altere a existencia libre e despreocupada que viven ambas as nun barco nas canles de Londres. Cando Roger chega de visita desde Barcelona, Eva non só ve nel ao mellor amigo da súa noiva, ao mellor aliado emocional imaxinable, senón tamén a un potencial doante. E para sorpresa de Kat, a Roger atráelle a idea de ser pai, a pesar de ser un home cuxas relacións non adoitan durar máis dunha noite, polo que a Kat non queda máis remedio que aceptar a posta en marcha do plan por medo a perder a Eva.

Día: 21 xuño. Hora: 20:30 h. Lugar: Cine Clube, rúa Concejo, 11

CARREIRA CONTRA A HOMO-LESBO-TRANSFOBIA E AS VIOLENCIAS DE XÉNERO. Colabora: Consello Municipal de Deportes de Ourense

Día: 24 de xuño. Hora: 12:00 h. Saída: Cruce das rúas Paseo e Concordia

OBRADOIRO: EMPODERAMENTO ERÓTICO PARA MULLERES (de calquera vivencia sexual e orientación)

Día: 27 xuño. Hora: De 17:00 a 21:00 h. Lugar: Centro Cívico “A Ponte”, rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43. Imparten: Mar Insúa e Mari Fidalgo (Psicólogas e terapeutas sexuais)

ILUMINACIÓN DA PONTE ROMANA con motivo da conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBI

Día: 27 e 28 de xuño

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo