Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O artista Pablo Otero retoma, no Museo Municipal, a obra 'Colpo di Fulmine' con outra intervención pictórica sobre a fachada

12 Xuño, 2018



A fachada do Museo Municipal cubrirase, como ocorrera co Centro Cultural José Ángel Valente, dunha intervención pictórica efémera e de carácter reversible. O traballo, a cargo do artista visual Pablo Otero, levarase a cabo de 9:00 a 20:00 horas como preludio da segunda parte da súa exposición Colpo di Fulmine logo do seu paso pola sala Valente.

Pintura

Será, unha vez máis, unha obra mural de tipo efémero realizada exclusivamente con xiz escolar. Trátase dun material ideal que non dana a superficie da fachada e que pódese eliminar de xeito sinxelo con auga limpa e un cepillo brando. Esta innovadora intervención plástica, a modo de elemento dinamizador e de visibilización deste espazo expositivo municipal, acompañará á mostra expositiva Colpo di fulmine até o mes de setembro con materiais xa vistos na sala Valente pero con novas incorporacións.

O proxecto de Pablo Otero fora ideado na súa orixe para estar en ambos espazos expositivos do Concello de Ourense divididos no tempo: de maio á primeira quincena de xuño na sala Valente, e desde o 14 de xuño até o mes de setembro, no Museo Municipal.

A inauguración da nova exposición será este xoves ás 20:00 horas.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo