Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Club Waterpolo Pontevedra recibe os parabéns do alcalde nunha recepción oficial na Casa da Luz

26 Xuño, 2018



Os seus deportistas sumaron 11 títulos autonómicos dos 16 disputados e competirán en seis campionatos de España

Son o primeiro club galego en número de deportistas de waterpolo e o club galego con máis rapazas (119 licenczas federativas, de las 26 femininas); sumou 11 títulos autonómicos dos 16 disputados, gañaron todo o xogado nas categorías Absoluta Masculina, Absoluta Feminina, Xuvenil Mixta, Xuvenil Feminina e Infantil Mixta, ademais da liga Cadete Mixta e o Campionato Galego Benxamín e 66 dos seus deportistas participarán en 6 campionatos de España. Méritos dabondo para ser os protagonistas da recepción ofrecida hoxe polo alcalde Miguel Fernández Lores na Casa da Luz. Falamos do Club Waterpolo Pontevedra.

warerpolo

 

Sesenta deportistas do club recibirón hoxe os parabéns do alcalde -en nome de todos os pontevedreses e pontevedresas- polos éxitos acadados e polos que, de certo, acadarán no futuro. Asegurou sentirse “moi orgulloso” dos seus logros e de tantos e tantos acadados en distintas disciplinas, con clubs de primer nivel e sobre todo con clubs que traballan co deporte de base e inculcan nos nenos e nenas os valores intrínsecos ao deporte: disciplina, constancia, superación, convivencia, solidariedade

Ponteveda é unha cidade volcada na actividade física e o deporte o que trae réditos de saúde, integración, convivencia e tamén económicos e de dinamización social.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo