Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Concello apoia a iniciativa de A Sega de adicar o Día das Letras 2019 a Xela Arias

21 Junio, 2018



O Concello de Pontevedra apoia a iniciativa posta en marcha por A Sega (Plataforma feminista de crítica literaria) para nomear como homenaxeada no Día das Letras Galegas 2019 a unha muller. Neste caso á escritora Xela Arias, importantísima figura das letras galegas cun amplo currículo literario como escritora e tradutora.

O Concello segue a incidir na necesidade de visibilizar ás mulleres nas letras, e aínda queda moito camiño por andar, a pesar de ter nomeado a María Victoria Moreno para este 2018.

Xela Arias

A Sega iniciou no 2014 a visibilización de mulleres no eido literario coa celebración do Día das Galegas nas Letras. Este feito supuxo un paso adiante nas actividades da Sega e naceu, como elas mesmas din, "como unha necesidade máis do colectivo. Ao se desenvolver o noso traballo habitual na rede chegou un momento no que queriamos vernos as caras. Tamén viamos a necesidade de reivindicar o territorio das mulleres de xeito festivo, non celebrar no xeito cerimonial e ritual da Academia". De feito, María Victoria Moreno, homenaxeada no presente ano pola RAG, xa fora homenaxeada no 2015 por A Sega.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo