Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Concello de Ourense inicia hoxe en La Molinera o primeiro dos cinco Campamentos Tecnolóxicos de verán - Ourense

25 Xuño, 2018



Os Campamentos Tecnolóxicos de La Molinera comezaron hoxe a súa actividade estival coa posta en marcha dunha semana de formación en materia de Audiovisual, a primeira das cinco citas programadas pola Concellería de Promoción Económica para achegar as novas tecnoloxías á rapazada ourensana.

Unha trintena de rapazas e rapaces con idades comprendidas entre os oito e os 16 anos aprenderán ao longo desta semana as máis modernas técnicas de edición audiovisual.

Entre o luns e o venres, de  08:00 a 14:00 horas, recibirán formación en tratamento de fotografías co programa Painting Light; edición de vídeos con Chroma Key, cine 3D, foto e comic e realizarán un proxecto que se presentará ao final da semana.

Campamento Audiovisual

 

O campamento de Audiovisual é o primeiro dos cinco previstos polo Concello de Ourense en La Molinera dende esta semana até a última do mes de xullo, e nos que participarán un total de 150 rapazas e rapaces.

Se trata dos campamentos tecnolóxicos máis importantes que se celebran en Galicia, polo número de participantes e pola ampla oferta formativa. A través desta actividade a Concellería de Promoción Económica aposta por promover o achegamento e democratización das novas tecnoloxías entre a xente máis nova.

Tras a realización deste campamento, a vindeira semana terá lugar outro de Realidade Virtual. Na segunda semana de xullo, o campamento permitirá aos seus participantes crear mundos dixitais a través da arquitectura 3D; na terceira semana de xullo a formación estará dirixida a prototipar novas solucións e videoxogos coa robótica.

A última semana de xullo os participantes poderán deixar voar a súa imaxinación cun campamento dedicado aos drones.

O éxito da convocatoria dos Campamentos Tecnolóxicos viuse confirmado co apuntamento de máis de 550 persoas na inscrición previa para participar.

Entre o martes 12 de xuño e as 24,00 horas do venres 15 de xuño (que foi cando estivo aberto o prazo) inscribíronse 557 persoas. Apuntáronse 98 persoas no campamento de Audiovisual; 153 no campamento de Realidade Virtual; 70 no campamento de Arquitectura 3D; 139 no de Robótica e 97 inscritos no campamento de drones.

O sistema elixido para decidir os participantes nesta proposta da Concellería de Promoción Económica foi a través dun sorteo que empregou o mesmo sistema informático que se us para decidir os integrantes das mesas electorais.  A través dun programa informático se escolleu por orde aleatorio dúas letras entre todas as do alfabeto. Estas letras serven coma punto de partida para saber os apelidos do primeiro dos beneficiarios dos campamentos.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo