Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Concello e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños animan os ourensáns para descubrir os segredos da Ponte Nova

20 Xuño, 2018



Sete paneis ofrecerán información sobre esta infraestrutura e imaxes da súa construción e dos seus planos.

O alcalde Jesús Vázquez destacou que a proposta servirá para “reivindicar e dar a coñecer a importancia desta infraestrutura no desenvolvemento da cidade

O Concello de Ourense e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia firmaron hoxe un convenio de colaboración para a posta en marcha dunha exposición conmemorativa dos 100 anos da Ponte Nova,  que permitirá ós ourensáns descubrir os segredos da construción desta obra de enxeñería.

Do 20 de xuño ao 19 de xullo na Rúa do Paseo

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, Enrique Urcola, foron os encargados de rubricar este acordo que suporá a instalación de sete paneis expositivos.

Firma

Algunhas das imaxes que estarán expostas nos paneis correspóndense á época na que se levantou este monumento e ós seus primeiros anos. Foron reunidas grazas a colaboración de diversos particulares, asociacións e institucións ourensás.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo