Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Local de Música prepara para este venres o seu Serán de Tralla - Pontevedra

22 Xuño, 2018



O Local de Música celebra este venres o Serán de Tralla, unha das tres citas musicais dentro do programa de formación dos grupos noveis da cidade que ensaian no Local. O Serán de Tralla celebrarase na explanada exterior do Local a partir das 16.00 horas.

Este “festival de fin de curso” pretende dar cabida aos grupos máis noveis, ofrecéndolles un escenario para tocar. Tocarán: Hidden Hate; Waterproof; Ciclogénesis, Doctor Animal, Krazzie e Essa Galera

Serán de Tralla


A actuación de Serán de Tralla é froito do novo enfoque que a Concellaría de Xuventude lle deu ao Local de Música en relación á formación, tratando de mellorar as posibilidades e potencialidades das bandas musicais de Pontevedra. Creando un programa de formación musical e acompañamento durante o curso para mellorar a proposta de negocio, musical e de escena dos grupos musicais

As propostas musicais de toda esta formación rematarán con Son da Serea -os antigos 15 bolos- o 23 e 24 de xullo na praza do Teucro, e a actuación no escenario grande das festas da Peregrina o vindeiro 11 de agosto a cargo de Glitter&Litter, teloneiros de Rosendo.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo