Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Perfomance teatral e música indie folk nunha nova sesión de Sube ao Palco

12 Xuño, 2018



A performance e a música indie folk serán os protagonistas da nova sesión de Sube ao Palco, proxecto promovido pola Concellería de Xuventude co obxectivo de dar visibilidade aos novos talentos artísticos da cidade ao tempo que se dinamiza un espazo cultural tan emblemático coma o Quiosco da Alameda.

O xoves 14 de xuño a partir das 20.30 horas subirá ao palco a perfomance teatral “Me hicieron la de Ubú Rey” de Miguel Tierra, un diálogo indirecto no que se inclúen varias personaxes tratadas pola mesma persoa. Unha conversación establecida ente dúas persoas, executadas na conciencia dun mesmo, facéndonse preguntas e respondéndose ao tempo. Un monólogo aberto ao público que o autor da obra trata coa súa peza, neste caso unha escultura que non se pode usar, un obxecto de arte que non parece ter outro uso.

Sube ao Palco

 

Estará acompañado de Daniel Gómez, un cantautor indie folk de Pontevedra, que leva varios anos de formación escolas da cidade e tocando varios xéneros que mistura creando un son chamativo, evocador e intimista. Mestura influencias de grandes músicos como Nick Drake, José González, Lucy Rose, Eddie Vedder e engade tamén unha grande variedade de afinación á guitarra. Esta paixón e entrega reflíctese no seu LP Chrysalis producido en Estudo Bonobo. Trátase dun traballo sutil, mimado, elegante, agradábel ao oído, unha proposta para apreciar pouco a pouco, que transmite e fai reflexionar ao público.

No mes de xuño a programación de Sube ao Palco seguirá cunha exposición de pintura, concertos musicais e microteatro.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo