Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Pontevedra anima a declarar persoas " non gratas" á "Manada" en toda Galicia

26 Xuño, 2018



Carta do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Lores á Federación Galega de Municipios e Provincias.

Sr. Presidente da FEGAMP,

Ante as desalentadoras novas que veñen da Audiencia Provincial de Iruña, o Concello de Pontevedra vén de decidir en Xunta de Goberno do día 25 de xuño do 2018, promover a declaración de persoas non gratas aos cinco agresores sexuais condenados polos feitos acaecidos hai dous anos nas festas do San Fermín.

A posta en liberdade destes agresores ten unha resposta social, mais tamén debe ter unha resposta política, na que os concellos non debemos quedar á marxe.

A xustiza española debe asumir os principios feministas e escoitar as mobilizacións sociais que demandan un cambio real, incluído no sistema xudicial.

Por iso consideramos que debemos ser contundentes e utilizar os instrumentos democráticos cos que nos dotamos. Como representantes da sociedade para lanzar unha mensaxe clara: rexeitamento á presenza de agresores sexuais nos concellos galegos, promovendo a consideración de persoas non gratas aos condenados.

O impacto mediático deste caso ten que servir para denunciar os moitos casos de agresión sexual anónimos e ser a pedra de toque que leve a cambios reais demandados pola sociedade que deben ser asumidos polo Sistema.

Miguael Anxo Lores




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo