Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Ponteverán abre a inscrición para a estadía “Natureza e lecer nas beiras do Miño” prevista para o 13-15 de xullo

27 Xuño, 2018



A actividade vai dirixida a persoas de entre 16 e 35 anos

Os campamentos e estadías constitúen unha das ofertas de Ponteverán 2018, o programa lúdico educativo dirixido á mocidade que promove a Concellería de Xuventude. Trátase dun programa baseado en valores de convivencia, igualdade, respecto ao medio ambiente. promoción da actividade fñisica e de coñecemento do patrimonio cultural.

Ao abeiro da categoría de campamentos e estadías temos “Natureza e lecer as beiras do Miño”. Trátase dunha excursión ao interior de Galicia, con aloxamento en pensión completa no albergue xuvenil e centro de educación ambiental EQUAL (Coles, Ourense).

Esta saída pretende dar a coñecer o patrimonio cultural, etnográfico e natural da contorna do Miño-Sil e os seus afluíntes. O programa de actividades contempla unha visita ao bosque de Ridimoas, iniciativa premiada por pioneira no eido da custodia ambiental. Adentrarémonos na Ribeira Sacra visitando viñedos e algunha adega da zona. Tamén teremos tempo para practicar hípica e sendeirismo, para logo recuperarmos forzas en augas termais.

Esta visita estará guiada en todo momento por un monitor-guía ambiental, con ampla experiencia e coñecementos neste tipo de actividades.

A excursión terá lugar na fin de semana do 13 ao 15 de xullo e nela poden participar todas as persoas entre 16 e 35 anos que así o desexen (priorizarase a persoas do municipio de Pontevedra).

A saída será o venres 13 ás 9.30 horas e o regreso o domingo 15 arredor das 21horas da noite.

Así mesmo, está prevista unha reunión informativa na Casa da Luz o 12 de xullo ás 19.30 horas para aclararmos dúbidas e coñecer os pormenores da excursión.

Nº de prazas: 19

Idades: 16-35 anos

Cotas de participación:

O custo real da praza é de 200€ e inclúe a viaxe en autobús durante toda a fin de semana, monitor-educador ambiental especialista, aloxamento en pensión completa no albergue e todas as actividades paralelas mais as prezos para os participantes será de:

Tipos:

- 50€ cota ordinaria

- 40€ co desconto de Carné Xove

- 25€ co desconto de familia numerosa/monoparental ou 2º membro da mesma unidade familiar

SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:

As persoas interesadas poden solicitar inscrición a través do seguinte enlace web: : http://apuntate.pontevedra.gal (actividade ESTADÍA NATUREZA E LECER NAS BEIRAS DO MIÑO).


Así mesmo, lembramos que o programa Ponteverán mantén aberto o prazo para solicitude de praza nas súas actividades en:

Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra

Horario: de luns a venres de 9:30 a 14h.de 9:30 a 14h.

Pza da Verdura, s/n, tel. 986 840367 xuventude@pontevedra.gal

info: http://xuventude.pontevedra.gal

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo