Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Unha peza de microteatro pon o ramo á primeira edición de Sube ao Palco

27 Xuño, 2018



A Concellaría de Xuventude pon o ramo á primeira edición do programa Sube ao Palco este xoves, 28 de xuño, ás 20.30 horas coa obra de microteatro “Fase Lola”, dirixida por Uxía Diéguez.

A obra reflexiona sobre o papel fundamental dos amigos na recuperación dunha ruptura amorosa. A historia comeza coa chamada de Lola despois de que o seu mozo rompa con ela. Cando as súas amigas chegan á casa para consolala, Lola vivirá ás cinco fases da aceptación: negación, ira, negociación, depresión e aceptación.

Haberá dous pases dunha duración de 15 minutos cada un.

Sube ao Palco


Sube ao Palco ten por obxectivo dar visibilidade aos proxectos artísticos da mocidade pontevedresa ao tempo que recupera o Quiosco da Alameda como espazo cultural para a cidade. A primeira edición contou con 12 propostas diferentes vencelladas a diversos ámbitos artísticos que van dende a música, as perfomance, o audiovisual ou o teatro.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo