Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

XVIII Triatlón Cidade de Pontevedra

20 Xuño, 2018



Pontevedra sumará o vindeiro sábado, 23 de xuño, unha nova cita co triatlón. Celebrarase a dezaoito edición deo Triatlón Cidade de Pontevedra que reunirá nas márxes do Lérez a 382 deportistas.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro presentou hoxe a proba que é clasificatoria para o Campionato galego de Triatlón e que incorpora baixo o seu paraugas novidades como o Campionato galego de Paratriatlón e o Nada e corre, proba non competitiva (benxamín e alevín). Xunto a concelleira estaban o presidente da Federación Galega de Triatlón, Óscar Surís o delegado de Deportes, Daniel Benavides e o responsábel da organización da proba, Miguel Fernández.

Triatlón Pontevedra

O XVIII Triatlón Cidade de Pontevedra é unha proba clasificatoria para o Campionato galego de Triatló e un aperitivo perfecto das citas de agosto: o Campionato de España de Triatlón longa distancia (día 25) e Campionato galego de Triatlón cross (día 26).

Dos 382 triatletas que se reunirán na Boa Vila o sábado: 48 competirán no Nada e corre; 5 no Paratriatlón, 86 na proba popular minisprint e 243 nas probas clasificatorias: masculina sen tempo de corte, masculina con tempo de corte e feminina.

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo