Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A cita coa cultura no verán: todos os xoves na praza de San Martiño

4 Xullo, 2018



Corenta e oito horas logo de rematar as festas de Ourense, a Concellería de Cultura presenta a súa proposta de lecer para o verán. A cita será, por cuarto ano consecutivo, na praza de San Martiño, cada xoves ás 22:30 horas -agás o concerto de Xoán Curiel, o venres 7- e de balde. Un total de 12 grupos, dous deles da nosa cidade (Guezos e MCarballo), compoñen o programa do Verán Cultural, que comeza este xoves, 5 de xullo, coa eurovisiva Lucía Pérez.


O Verán Cultural foi presentado pola concelleira Belén Iglesias e polo programador do Auditorio, Manuel Freire, quen quixo salientar as grandes doses de humor de Malasombra, a única actuación teatral entre todas as musicais, ou a calidade de propostas de pequeno formato, como Happy Gospel ou De Vacas, que repiten despois do éxito de público do ano pasado. Entre as novidades, os sons cubanos do Trío Siboney ou o elemento festeiro achegado por Fanfarria Taquikardia e por A banda da Loba, grupo de versións integrado por mulleres.

Cartel Verán Cultural

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo