Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Actualidade de Ourense e arredores 3 de xullo do 2018

3 xullo, 2018



⇒ OURENSE

⇒ ALLARIZ

 

Ourense

Os concertos das orquestras foron a actividade máis seguida das últimas Festas de Ourense, onde máis de 65.000 persoas participaron nas propostas do Concello 

Máis de 65.000 persoas participaron nos concertos e actividades propostas polo Concello de Ourense ao longo dos nove días das Festas de Ourense.

As verbenas na rúa Progreso foron a actividade máis concorrida. Segundo datos da Concellería de Cultura, máis de 32.500 persoas asistiron as actuacións das orquestras nos últimos catro días de festexos.

Os concertos da Orquestra Olympus (a madrugada do sábado ao domingo) e de París de Noia (a noite do domingo), foron as actividades máis numerosas destas festas, chegando a contar ambas coa presenza dunhas 10.000 persoas na rúa. A madrugada do venres ao sábado a Orquestra Panorama reuniu a 7.500 persoas; e o Combo Dominicano (na madrugada do xoves ao venres) a 5.000 asistentes.

Pola súa banda, por diante do escenario instalado na Praza Maior chegaron a pasar máis de 20.000 persoas (20.799) durante os oito concertos organizados no escenario principal dos festexos, o que supón que foron seguidos por unha media de 2.600 persoas.

O concerto máis multitudinario foi o dos Secretos, que chegou a encher o aforo, e que foi seguido tamén nas rúas no contorno da Praza Maior por un total de 4.375 fans.

Por encima da media tamén se situaron as actuacións do cordobés Antonio José, que foi seguido por 3.626 persoas; o grupo madrileño Seguridad Social, que  concitou a presenza de 3.367 asistentes e o concerto de Best Life e Sidonie, que  encheron a Praza Maior con 2.616 persoas.

Ao concerto de Xestreu e Treixadura acudiron  2.500 espectadores; á actuación de Andrés Suárez (tras o pregón) 2.445 persoas; a Guadi Galego e Ramón Mirabet, 1.000 persoas; e o concerto Sons da Auria foi seguido por preto de 900 persoas.

Este foi o espectáculo que tivo menos público, ao coincidir co horario de apertura de portas no Xardín do Posío para o concerto dos ourensáns Mitocondrias e de Rosendo, que superou as 3.100 persoas.

En total, ao longo destes días polo Xardín do Posío pasaron 5.400 persoas. O grupo Dvicio, que xurdiu coma un fenómeno das redes sociais, concitou a presenza de 900 espectadores; mentres que a última edición de Ourense Dance contou con 1.200 participantes.

Menos presenza tivo a Paint Party, o espectáculo de pintura e dj’s que tivo lugar o sábado, no que participaron 200 persoas, pero que se viu afectado pola intensa chuvia da xornada. 

As treboadas condicionaron todo na última fin de semana, que era a que viña máis cargada de actividades. Así, a Batalla de Flores tivo que ser suspendida tras 30 minutos de percorrido e a pesares de contar con numerosa presenza de público nas rúas.

Tamén se suspendeu o Enofestival, para o que se habían vendido anticipadamente unhas 250 entradas.

Ademais a chuvia tamén obrigou a suspender os concertos previstos nas Prazas de San Martiño e do Ferro durante a fin de semana.  O resto das festas ambos recintos rexistraron cheos nos concertos programados entre as 20:00 e 21:00 horas.

Por ambos recintos pasaron unhas 1.700 persoas, a pesares de que algún músico, coma Indomable tivera que competir co partido da selección española.

Cando non choveu, tamén se rexistraron boas asistencias en forma de rúas cheas nas zonas do Mercado Medieval e das atraccións de feira (Remedios).

Polo resto, boas asistencias en Bispo Cesáreo. O espazo gastronómico das Foodtrucks encheu mesas e a praza, especialmente coincidindo coas actuacións musicais. Pola súa banda, os dous pases diarios do teatro de rúa, contaron cunha asistencia media por sesión dunhas 100 persoas (1.000 entre luns e venres).

No apartado deportivo, a exhibición da selección chinesa de wushu, onte domingo no Auditorio Municipal, foi seguida por 400 persoas. 

Fiestas Ourense

 

Comeza o programa 'Concilia Verán', coa participación de 400 nenos e nenas de 4 a 12 anos da nosa cidade

A Concellería de Educación iniciou hoxe as actividades de verán para 400 nenos e nenas de 4 a 12 anos de Ourense. Levaranse a cabo durante os meses de xullo e agosto na Aula da Natureza de Oira, nas Bibliotecas Públicas Municipais e en catro CEIPS: O Couto, Amadeo Rodríguez Barroso, Prácticas e Curros Enríquez. Foi precisamente a este centro ao que acudiu a concelleira de Educación, Belén Iglesias, quen resaltou “o gran éxito de inscrición nestas actividades, que superou con creces todas as expectativas no primeiro día, no que xa se cubriron xa o 80% das prazas ofertadas”.

“O obxectivo principal coa realización de todas estas actividades é o de facilitar espazos e horarios que se adapten ás necesidades das familias da cidade que teñen nenos e nenas de 4 a 12 anos realizando actividades didácticas, onde a metodoloxía fundamental é o xogo”, dixo a titular de Educación, “destacando o seu carácter autotélico e as aprendizaxes construtivas: aprender a aprender”. A concelleira lembrou que, nestas actividades, “nunca se esquece a educación en valores, resaltando as actividades da Aula da Natureza, inculcando valores como: coidado e respecto a natureza, coidado do mobiliario urbano, acostumarse a comer san e de todo”, afirmou.

As actividades de conciliación de verán respectar en todo momento o desenvolvemento evolutivo da cativada, partindo dun principio fundamental que é a diversidade para chegar a igualdade de oportunidades. Fomentando, noutras palabras, inclusión educativa.

Máis horas de atención

Nas actividades que se desenvolven nos centros educativos participa alumnado de Educación Primaria con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos, de 8:00 a 14:30 horas.

Pola súa banda, as bibliotecas municipais realizarán accións de animación á lectura, entre os meses de xullo e agosto, para nenos de catro anos (no momento da solicitude) até os 10 anos. As bibliotecas municipais de A Carballeira, San Francisco e A Ponte abrirán as súas portas entre as 10:30 e as 13:00 horas.

A Aula da Natureza do río Miño ofrece actividades para nenos de 6 a 12 anos, entre 10:00 e 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas, agás os venres pola tarde que estará pechada. Estará aberta en xullo, agosto e do 3 ao 7 de setembro.

Programa conciliacion verano

 

Máis de 10.000 ourensáns apoian a 'cidade 30', máis autonomía para os peóns e o cumprimento estrito da normativa de tráfico

A Comisión técnica do Móvete por Ourense, proceso de participación na procura da mellora da calidade ambiental e da mobilidade, deu conta esta mañá das ideas forza recompiladas nas consultas á cidadanía. As máis de 10.000 persoas que participaron nos diferentes grupos motores, obradoiros de diagnose da situación do tráfico na cidade, accesibilidade, emprego da bicicleta, ou directamente a través das entrevistas coas asociacións de veciños e de enquisas directas nos centros escolares, salientaron a necesidade de “vontade e valentía” para deseñar un modelo de cidade a longo prazo, no que o peón sexa o eixo vertebral, o cumprimento rigoroso da ordenanza de tráfico e a posta en funcionamento da 'cidade 30'.

Esta comisión, encabezada polo concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, e integrada polos grupos políticos municipais (salvo DO, que non asistiu) e técnicos de diferentes áreas e servizos do Concello de Ourense, reunirase novamente antes de que remate o presente mes para coñecer as conclusións definitivas, elaboradas pola consultora externa de urbanismo e de arquitectura Urbamás, co gallo de comprometerse a unha folla de ruta que inclúa accións concretas no tempo para comezar a transformación de Ourense nunha cidade máis amable co peón.

Estas propostas son o resultado dunha participación que ronda o 10% da cidadanía de Ourense, e que foron votadas (do 1 a 5, de menos a máis importancia) polos integrantes dos diferentes grupos motores. Así, a máis valorada foi a necesidade de “vontade e valentía" para cambiar o modelo de cidade a longo prazo. Seguíronlle, por esta orde, crear un modelo de cidade para o peón, o cumprimento rigoroso da ordenanza de tráfico -para que ninguén se sinta impune de saltarse as normas que rexen para a totalidade-, e a implementación da 'cidade 30', un modelo que busca aminorar a velocidade media do tráfico a 30 km/h en todo o núcleo urbano ao tempo que lle dá máis fluidez (reducindo semáforos, aumentando as medidas disuasorias, etc.).

Tamén foron valoradas outras propostas coma a de ampliar zonas peonís de uso restrinxido, a instrución do reparto do espazo público por usos mínimos (para beirarrúas, veladores ou mobiliario urbano), así coma o aparcamento regulado no horario de entrada e saída dos centros educativos.

A metodoloxía empregada para a extracción destas ideas foi a de agrupalas en torno a tres grandes grupos temáticos: a seguridade, a accesibilidade, e a eficiencia e calidade ambiental.

Cidade 30

 

Allariz

Festas Patronais de San Bieito

O concello de Allariz  xunto co Concello de Moaña  e a Denominación de orixe da Ribeira Sacra presentaban, esta mañá, as Festas patronais de San Bieito, nas que ademais das actividades de música tradicional, as deportivas e o espectáculo pirotécnico, os veciños e visitantes poderán degustar, nas xornadas gastronómicas, ricos produtos do mar xunto co bo viño.

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA FESTAS

Festas San Bieito Allariz

 

 

Actualidad Ourense y alrededores

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo