Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Actualidade de Pontevedra 3 de xullo 2018

3 xullo, 2018



Cinema na lúa volve á praza da Pedreira

O Concello de Pontevedra entra de cheo nas festas do verán coa programación do Cinema na lúa, que comeza mañá, 2 de xullo. A cita até o sábado, será na Praza da Pedreira ás 23.00 horas. 
A proposta para estes días é:

  • Martes, 3 de xullo: Take shelter. Drama / Thriller
  • Mércores, 4 de xullo: Nuestro último verano en Escocia. Comedia dramática
  • Xoves, 5 de xullo: 12 años de esclavitud. Drama
  • Venres, 6 de xullo: El extraordinario viaje de T.S Spivet. Aventuras
  • Sábado, 7 de xullo: La princesa prometida. Aventuras / comedia

Cinema na Lúa

Máis de 500 padexeiros participan o domingo no I Trofeo Entre Pontes

O río Lérez será o escenario do I Trofeo Entre Pontes Cidade de Pontevedra que se disputará este domingo entre as Corvaceiras e a praia fluvial.

Están inscritos 402 barcos, 525 deportistas e 39 clubes que participarán nas categorías: cadete, xuvenil, senior e veterano, e nas modalidades k1, k2, c1 e c2.

A proba comezará ás 10.30 horas no peirao das Corvaceiras, para discurrir polo lado de Poio até a praia fluvial e regresar ás Corvaceiras pola beira de Pontevedra.

Os participantes cubrirán unha distancia de 7.500 metros. As saídas serán cada dous minutos a partir das 10.30 horas, e faranse en tres bloques: ás 10.30, 11.30, 12.30 e 13.30 horas.

Campeonato Piraguismo Cidade de Pontevedra

Horarios

Horarios

Equipos

Equipos

 

Forga impartirá os catro primeiros cursos do Plan municipal de formación

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa Forga (Fundación para a Orientación Profesional, a Investigación e o Desenvolvimento Tecnolóxico, o Emprego e Formación en Galiza) dos primeiros cursos do Plan municipal de formación laboral. A adxudicación foi por 34.900 euros que teñen que estar impartidos a 30 de novembro deste ano.

Serán catro cursos os que impartirá esta empresa:

  • 2 de atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institución sociais. Serán 15 prazas por curso con 530 horas de formación (on-line e con clases presenciais serán 370 horas, e 80 horas de prácticas)
  • 2 de actividades auxiliares de almacén con 15 alumnos por curso e 370 horas (online e presenciais serán 220, máis 150 de prácticas)

As persoas que finalmente realicen os cursos -homologados e con titulación habilitanterecibirán unha bolsa durante o tempo de formación de 15 euros ao día, o que suporá 330-350 euros ao mes.

Incluído dentro do Plan municipal de formación está o expediente para recoñecer o Pazo da Cultura como centro homologado para a formación no emprego, unha tramitación na que están implicadas outras administracións. Os requisitos son moi esixentes: instalacións para formación teórica, dispoñibilidade de equipamentos para prácticas, espazos para dirección, orientación, etc…e a definición das familias profesionais coas que se pretende traballar.

O interese da Concellería de Promoción Económica é que a formación impartida ao abeiro do Plan de Emprego municipal sexa un camiño, con posibilidades reais, cara ao mundo do traballo..

Cursos

O Concello contrata a unha empresa para axudar aos pontevedreses a alegar pola revisión catastral do rural

O Concello de Pontevedra iniciou hoxe a contratación dunha empresa especializada para axudar aos pontevedreses a presentar alegacións á revisión que o Catastro está a facer para dar de alta construcións auxiliares (galpóns, garaxes, piscinas…), que até o de agora non estaban suxeitas a este réxime

Catastro iniciou esta revisión en todos os concellos de Galicia hai 5 anos, a raíz de modificar a lexislación e incluír no padrón de construcións todas as auxiliares do rural, agás os hórreos.

As primeiras notificacións de Catastro están chegando aos veciños de Pontevedra nestes días. O Concello de Pontevedra estaba e está en contra desta actualización dado que supón ir contra a estrutura tradicional do rural galego.

Por esta revisión, Catastro cobrará a cada contribuínte revisado 60 euros de taxa, ademais da contía que lle corresponda por dar de alta estas construcións auxiliares (nalgúns casos, incluso, con recargo ao ser retroactiva).

O portavoz do Goberno e concelleiro de Economía e Facenda, Raimundo González, instou esta mañá aos pontevedreses a que soliciten toda a información en Catastro, e que se despois queren presentar alegacións á proposta, o Concello disporá dunha empresa especializada para axudarlles.

Nesta semana rematarase o proceso de contratación, e tamén se decidirá a que lugar se poden dirixir e en que horarios.

Catastro

Exposición Pictórica Fernando Búa ' Conservar e Medrar '

Na Casa da Luz do 13 ao 28 de xullo

¬VER / DESCARGAR +INFO

Exposición Fernando Búa

 

Actualidad Pontevedra

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo