Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Curso na Molinera sobre as novas liñas de apoio para crear empresas - Ourense

4 xullo, 2018



O subdirector xeral de Emprego da Xunta, Juan José Lirón e o responsable de Programas de Emprendemento do Igape, Miguel Angel Romero, visitarán este mércores as instalacións da Molinera para informar sobre os servizos e axudas da Xunta para a creación de empresas, nunha actividade que forma parte do programa Ourense+ posto en marcha polo Concello de Ourense.

A partires das 11:00 horas do 4 de xullo La Molinera acollerá ós dous expertos do Goberno autonómico, que achegarán ós emprendedores ourensáns as liñas, servizos e axudas postos en marcha pola Xunta para incentivar a posta en marcha de empresas.

Curso

A este proxecto, que remata o vindeiro 5 de xullo, sucederalle o programa “O meu primeiro imposto”. Nesta nova actividade ofreceranse 100 horas de formación a parados e traballadores por conta propia ou allea, co obxectivo de que aprendan a realizar os trámites administrativos precisos no caso de montar a súa propia empresa.

O prazo de inscrición para esta actividade remata o vindeiro 10 de xullo. Os interesados en inscribirse poderán facelo a través da dirección de correo electrónico  ourense+@gmail.com.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo