Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

20 e 21 de setembro a estrea de 'Celebración. A gran noite' de Sarabela Teatro. Ourense

19 Setembro, 2018



O Auditorio Municipal de Ourense acollerá os días 20 e 21 de setembro, ás 21,00 horas, a estrea de “Celebración. A gran noite” a última obra da compañía ourensá Sarabela Teatro, “unha alegoría sobre o totalitarismo e a delimitación de fronteiras entre as clases privilexiadas e as desfavorecidas”. Así o explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación do espectáculo no salón de plenos nun acto que contou coa presenza do director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; da concelleira de Cultura, Belén Iglesias; do autor da obra, Fernando Dacosta e do director Daniel Salgado.

O rexedor invitou aos ourensáns a acudir a esta estrea e a deixarse levar polos actores Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago e Nate Borrajo “nun espectáculo que explora a impotencia, o medo e a violencia, así coma os mecanismos de masas que xustifican e lexetiman estas situacións”.

Pola súa banda o director da Agadic tivo palabras de recoñecemento para Sarabela, compañía á que se referiu como unha das máis activas e prolíficas de Galicia, e explicou que o apoio económico da Consellería de Cultura e Educación a “Celebración. A gran noite” sitúase en de 41.000 euros.

“Celebración. A gran noite” é unha obra escrita por Fernando Dacosta que se inspira na obra do dramaturgo francés Jean-Luc Lagarce, preocupado por abordar nas súas pezas a exclusión e a necesidade de pertenza. O espectáculo, que fai o número 52 na traxectoria da compañía, discorre entre situacións que explotan a comicidade e o patetismo, para provocar a emoción dos espectadores a través dunha trama argumental de vertixe, desencadeada tralo convite a unha gran festa.

O prezo das entradas é desde cinco euros. Pódense comprar de forma anticipada na web de ataquilla. com

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo