Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A Escola Municipal de Idiomas oferta prazas vacantes para novo alumnado. Ourense

20 Setembro, 2018



A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense inicia novo curso 2018/2019, no que dá continuidade á oferta de actividades formativas para a aprendizaxe de inglés dirixidas a persoas de todas as idades, desde escolares de Primaria ata persoas adultas. Durante estes días está aberto o prazo de inscrición para a incorporación de novo alumnado que desexe unirse aos grupos construídos para o novo curso. A día de hoxe hai 130 persoas admitidas e quedan prazas dispoñibles tanto nos grupos de persoas adultas e nos destinados a nenos e nenas de 3º e 6º de Primaria.

A duración dos cursos é coincidente co ano escolar. O custe de matrícula é 19.80 € e a cota trimestral é 59.60. As persoas interesadas poden dirixirse á Concellería de Educación, na Praza de San Martiño nº2 - 1º, teléfono: 988 388 136. Os horarios serán de tarde, agás o grupo de adultos Pre-intermedio II, que será os venres de 10 a 12h.

A Escola de Idiomas é un servizo dependente da Concellería de Educación, no que durante o curso 2017/18 participaron un total de 150 alumnos e alumnas, dos que 90 xa estiveran na escola nalgún curso anterior. Foron 138 os alumnos e as alumnas que remataron o curso. O 84% do alumnado de persoas adultas eran mulleres e o 67% tiñan estudios universitarios. Entre a rapazada, houbo tamén maioría de nenas (59% fronte a 41% de nenos).

Os grupos para persoas adultas inclúen desde “ningún coñecemento da lingua inglesa ata o nivel A2. Constan dunha sesión semanal de 110 minutos, resultando un total de 76 horas. Os niveis son Iniciación, Elemental 1 e 2, Preíntermedio 1, 2 e 3, e Grupo de conversación para que participantes en cursos anteriores podan seguir en contacto coa lingua.

Os grupos de nenas e nenos abarcan toda a Educación Primaria, desde primeiro ata sexto curso, en dúas sesións semanais de 50 minutos cada unha. A Escola implantou o curso pasado un servizo de préstamo de libros de lectura en inglés, ao que nenos e nenas recurriron para solicitar 179 préstamos.

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo