Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Centos de mozos e mozas participaron dunha maneira activa en Ponteverán-18

19 Setembro, 2018



Calidade, cantidade e diversidade son os piares que definen o programa de ocio para a mocidade, Ponteverán, que promove a Concellería de Xuventude, dirixida por Alberto Oubiña, e no que participaron dun xeito activo 427 persoas: 226 mozas e 201 mozos.


Catorce propostas distintas - 21 actividades- conformaron a programación de Ponteverán-18, que este ano incorporou novidades que foron moi ben acollidas. Foi o caso de Terra de zombies e os cursos de robótica e holografía, que supuxeron o desembarco dos xogos de rol e das TICs máis avanzadas en Ponteverán e para as que foi preciso ampliar as prazas iniciais e mesmo duplicalas.

Porén hobo tamén citas “clásicas” como o campamento de tempo libre, as aulas da natureza, a noite europea dos mórcegos, a xornada de orientación deportiva ou os cursos de piragüismo. Citas, todas elas, que se repiten pola alta aceptación que rexistran cada ano.

Á hora de avaliar Ponteverán-18, dende a Concellería de Xuventude sublíñase o dato de que oito propostas cubriron a totalidade das prazas ofertadas, nalgún caso duplicouse a oferta de prazas iniciais e mesmo houbo lista de agarda. Falamos das seguintes actividades: campamento de tempo libre, aula da natureza (nos tres obradoiros), observación astronómica, noite europea de morcegos, obradoiro de cociña, robótica, holografía e os cursos de piragüismo (nas tres convocatorias).

No balance tamén hai que rexistrar a suspensión dunha das propostas iniciais ao non rexistrarse un mínimo de inscricións, foi o caso da estadía no medio natural que este ano tiña como destino as beiras do Miño a seu paso pola provincia de Ourense.

Ponteverán é máis que ocio xa que enriba da mesa pon unha oferta baseada en valores de convivencia, igualdade, respecto ao ambiente, promoción da actividade fisi ́ ca e de coñecemento do patrimonio cultural.

O programa de ocio xuvenil Ponteverán-18 contou cun orzamento total de 15.250 euros e para a prestación dos servizos foron contratadas cinco pequenas empresas e profesionais autónomos e tres asociacións:Vaipolorío, o Club de Montañeiros e o Club de Piragüismo Río Verduxo de Ponte Sampaio.

 

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo