Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Chega o VI Festival das Núbebes, artes escénicas para bebés e familias - Pontevedra

11 Setembro, 2018



“Achegar ao universo bebé (nenos e nenas de 0 a 3 anos) o mellor das artes escénicas galegas e de fóra e formar aos profesionais que traballan a cotío cos máis pequenos”. É a dobre vocación que guía o Festival das Núbebes, que hoxe foi presentado pola concelleira de Cultura e Educación, Carme Fouces, acompañada por Andrea Bayer, de Boabab Teatro e o monicreque Roque.

O VI Festival das Núbebes para bebés e familias desenvolverase os días 21, 22, 23, 29 e 30 de setembro en espazos espallados pola cidade. Nesta ocasión ás sedes habituais: Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, praza do Teucro súmanse dous espazos novos: o CITA (Centro de Interpretación das Torres Arcebispais) e a sede social do Casino Mercantil (praza Curros Enríquez). Serán dúas fins de semana intensas na que haberá teatro, música, danza, obradoiros, animación de rúa, guerra de almofadas… un abano de actividades para gozar en familia dun lecer pensado para a cativada.

 

No Festival das Núbebes tamén hai cabida para a reflexións, nesta ocasión arredor da alimentación. O nutricionista Julio Basulto será o encargado de abrir o debate con dúas conferencias: Se me hace bola (11.30 horas, sábado 29) e Comemos lo que vemos en nuestros padres (16.15 horas, sábado 29)

As entradas para as actividades de pago están á venta en www.ticketea.com até agotar as localidades. A venta comeza o día 14, ás 9 da maña.

As entradas para as actividades de balde só poden retirar mesmo día da función (un máximo de 4 por persoa e espectáculo) na billeteira do Teatro Principal cos seguintes horarios: 10.30 a 13.00 horas para as sesións de mañá e de 16.00 a 19.00 horas para os espectáculos da tarde.

A formación para profesionais, que non aparece no programa, constará de 3 obradoiros cun eixo común: a atención temperá. Son os seguintes:

• Atención temperá.

Venres 21 de setembro. De 18.00 a 21.00 horas.

Casa Azul (sala Almofrei) Imparte. María Bernárdez Pérez, coordinadora do Centro de atención temperá de Amencer-Aspace

• A linguaxe de signos na primeira infancia

Domingo 23 de setembro De 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas).

Casa Azul Imparte. XOGA (Organizacion de discapacidade sensorial de Galiza)

• Entender a fisioloxía para respectar e avanzar

Domingo 30 de setembro. De 10.00 a 13.30 horas e de 16.30 a19.00.

Casino Mercantil Imparte. Sonia Carbón Nóvoa, osteópata e fisioterapeuta

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

+INFO CLICK AQUÍ

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo