Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Convocado o II Premio Internacional de Ilustración do que sairá a imaxe do cartaz do XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil

6 Setembro, 2018



O Concello e Galix (Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil) convoca o II Premio Internacional de Ilustración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra co fin de escoller a imaxe do cartaz da que será a XX edición do Salón, que estará adicado á revolución.

A concelleira de Cultura e Educación, Carme Fouces, acompañada polo director da Galix e tamén director de OEPLI, Xosé Antonio Perozo anunciou a convocatoria do certame ao tempo que desvelou as datas da próxima edición do Salón: celebrarase do 22 de marzo ao 12 de abril de 2019, e como sempre no Pazo da Cultura.

O prazo para presentarse ao Premio de Ilustración comeza hoxe mesmo e estenderase até o 10 de outubro. A técnica empregada para a ilustración é libre pero o envío da mesma farase exclusivamente en formato dixital a través da web:www.salondolibro.gal/ ilustra

 

“Queremos manter e se cabe aumentar a participación e interese polo mundo adiante no certame que agardamos sexa un referente no sector”, sinalou a concelleira após de lembrar que o pasado ano, cando se celebrara a primeira edición foran 234 os traballos presentados por autores de máis de 20 nacionalidades. Houbo traballos chegados de de toda Galicia toda Galicia e do resto do Estado, de distintos países Latinoamérica (Chile, Arxentina, Ecuador…), de Europa (Francia, Italia, Rusia, Alemaña, Estonia…), de Irán, etc.

A temática do XX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra - a revolución- elixiuse após de ter consultado a un comité de expertos, integrado por persoas ben coñecedoras do Salón e do mundo das LIX e das crianzas (docentes, pais e nais, libreiras/os,…),aos centros de ensino e a colaboradores. “Trátase dun tema co que esperamos dar moito xogo, aberto a diversas interpretacións, co que queremos explorar o lado máis subversivo, belixerante, combativo dos libros e a lectura para transformar o mundos” explicou Carme Fouces, segura de que “un libro pode revolucionar o mundo, un libro pode revolucionar unha vida”.

Ao contrario que na última edición, o XX Salón non vai a ter un país convidado, “vai a ter toda unha literatura”: a Literatura Infantil e Xuvenil dos países e comunidades lusófonas. O Concello xa conta coa colaboración de institucións como o Instituto Camoés ou a Embaixada de Brasil para avanzar nos preparativos, e ten contactado con autores/as e ilustradores/as de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Angola…co fin de construír un programa que dea conta da variedade e riqueza da LIX de toda a lusofonía e tamén para explorar a dimensión internacional da nosa lingua. “Agardamos que a aposta pola lusofonía contribúa a darlle pulo ao idioma”

¬BASES CONCURSO

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo