Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Este venres na praza de San Martiño, un concerto de Xoán Curiel para público infantil

7 Setembro, 2018



O #VeránCultural da Concellería de Cultura celebra, mañá venres, un concerto especial dedicado aos máis cativos: A casa do terror, a cargo de Xoán Curiel e a súa banda, é unha proposta teatral e musical “espantosamente movida e divertida”. Seguindo as indicacións dos músicos, tentarán levar a rapazada a través dun labirinto de emocións e, sobre todo, moito humor. A cita é ás 18:00 horas na praza de San Martiño con entrada libre e de balde.

Un grupo de amigos vese obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos. A prespectiva do terror trátase neste espectáculo dun xeito divertido e lévase a cabo a través de orixinais personaxes coma as pulgas sombis, o lobo lover,ratatiburónsgativampiros, o monstro da lavadora, a pantasma con asma, etc.

Trátase dun divertido e dinámico espectáculo musical con cancións, danzas, elementos teatrais ou de clown e, sobre todo, moita implicación co público.

Teatro infantil. E o domingo, 9 de setembro, volta a programación infantil ao Auditorio con Retrete Cabarete, da compañía O retrete de Dorian Gray: ás 12:00 horas na sala Azul. Unha mestura dos números curtos da compañía, logo de sete anos de manipulación máxica, de globos, de virtuosismo coas mans. 50 minutos de teatro de monicreques en galego, “unha delicatessen para os sentidos”. Entradas dende 3 euros, venta anticipada en ataquilla.com e dúas horas antes da función na billeteira do Auditorio.



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo