Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Museo Municipal e Sala Valente manteñen as exposicións de Pablo Otero e Santi Barreiros até o 23 de setembro - Ourense

12 Setembro, 2018



Os espazos culturais do Concello de Ourense manterán as exposicións de fotografía e de pintura até o 23 de setembro. Xeografía do Efémero, a nova colección fotográfica de Santi Barreiros, poderase visitar na sala Valente (rúa do Paseo, 20), de martes a sábado, de 11,00 a 13,30 horas de 18,30 a 21,30 horas; os domingos, de 11,00 a 13,30 horas. O luns o espazo estará pechado.

O mesmo horario (de martes a sábado, de 11,00 a 13,30 horas e de 18,30 a 21,30 horas; os domingos, de 11,00 a 13,30 horas, estando os luns o espazo pechado) serve tamén para o Museo Municipal (rúa Lepanto, 8), onde segue activa  a exposición Colpo di Fulmine, de Pablo Otero.

Colpo di Fulmine é a continuación da obra exposta na sala Valente desde o mes de maio. Nesta segunda parte, o artista expón pezas de menor formato, pero  atravesadas por un denominador común: a procura da verdade a través da luz. Así, o artista plástico concibe a súa obra coma un proceso de tránsito, de metamorfose, partindo da inocencia até chegar á abstracción. Un camiño no que transita a través da historia da Arte, como fonte de inspiración, pero que só se albisca a través da luz da revelación, pero sen caer na tentación das certezas.

Na planta segunda, poderanse visitar as obras dos artistas novos recompiladas na V Bienal de Pintura Joven, organizada pola Fundación Cum Laude. Unha colección dos valores emerxentes da pintura ourensá.



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo