Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Música de charangas e de dj’s tomarán as rúas do centro histórico de Ourense no Entroido de Verán

6 Setembro, 2018



O Entroido de Verán do Concello de Ourense tomará as rúas do centro histórico da cidade o vindeiro 15 de setembro, a partires das 21,30 horas, cun desfile que rematará coa entrega de preto de 2.000 euros en premios e unha festa na Praza do Correxidor até as 3,30 horas.  A actividade estará amenizada pola música de catro charangas e a actuación varios dj’s no Correxidor.

 

Así o explicou a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, durante a presentación do programa desta actividade coa que “o Concello aposta por consolidar unha festa tan ourensana coma é o Entroido, adaptado á calor pero mantendo o seu carácter único vinculado á rúa e ao maxín dos seus participantes”.

Iglesias e o técnico de Cultura, Alex Hermida, recordaron que para participar neste evento cultural e optar aos premios é preciso inscribirse nas instalacións da Concellaría de Cultura, ou no mail cultura[arroba]ourense.es antes do vindeiro martes, 11 de setembro, ás 13:00 horas.

Os participantes realizarán un percorrido pola Praza Maior, Lamas Carvajal, a praza de Santa Eufemia, a rúa da Paz, a praza do Ferro e a rúa dos Fornos até rematar na Praza do Correxidor, para ser valorados por un xurado. 

Este ano o desfile contará coa animación de catro charangas: Xituma Batuke, Albor, Os Caliqueños e Doctor Anchoa, que animarán as rúas da zona histórica até as 2,00 horas. Pola noite a festa concentrarase na Praza do Correxidor, onde a música correrá a cargo de diversos dj’s entre as 11,00 e as 3,30 horas.

O Entroido de Verán repartirá 1.975 euros en 15 premios distribuídos nas categorías Individual, Parellas, Grupos (de máis de catro persoas) e mellor foto colgada no Facebook “Entroido de verán en Ourense”.
Así, na categoría de premios individuais o primeiro premio estará dotado con 200 euros; o segundo, con 150 euros e o terceiro con 100 euros. Tamén haberá cinco accésits de 50 euros.

Para as parellas os premios serán  de 200 euros para os gañadores; 150 euros para os que queden de segundos e 100 euros para os terceiros. Na categoría de grupos os premios serán de 350 euros, 250 euros e 150 euros. A contía do premio para a mellor foto colgada no Facebook será de 75 euros.



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo