Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O alcalde de Ourense reclamará en Madrid que o Ministerio de Cultura reactive os investimentos comprometidos coa cidade

9 setembro, 2018



O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, reunirase o venres en Madrid co subsecretario de Estado de Cultura e Deporte, Javier García Fernández, para reactivar de forma firme a inversión do Estado en materia cultural no Complexo Cultural de San Francisco e no Museo Arqueolóxico, obras que ao seu remate suporán unha inversión de 40 millóns de euros na nosa cidade.

Vázquez solicitará ao responsable de Cultura que se manteñan os compromisos adquiridos co anterior Executivo para dotar de equipamentos e mobiliario á Biblioteca Pública e ao Arquivo Provincial, co obxectivo manter as súas datas de apertura. De feito, o equipamento da Biblioteca Pública estaba acordado co anterior Executivo, xa que era o último paso para a posta a disposición desta importante infraestrutura para a cidadanía.

O rexedor tamén lle solicitará o aboamento das taxas de licenza do Museo Arqueolóxico por parte do Goberno Central, paso previo indispensable para desbloquear un proxecto polo que a cidade leva a esperar máis de 16 anos e cuxa licencia por parte do Concello está só pendiente do aboamento desa taxa por parte do Ministerio.

O encontro responde á aposta do Concello pola cooperación institucional para dar continuidade a tres proxectos que van supor un antes e un despois na dotación cultural da nosa cidade. Durante a reunión, Vázquez informará a García Fernández sobre o estado actual das obras e defenderá a necesidade de manter a boa sintonía en materia de Cultura que se produciu durante os últimos tres anos do Goberno de Mariano Rajoy, nos que a Ourense foi a cidade con máis investimentos en materia cultural, tal e como se recolle nos Presupostos Xerais do Estado.

O rexedor confía en que a súa visita sirva para que o Goberno de Pedro Sánchez reactive os compromisos adquiridos desde 2015 polo Executivo central co Goberno Municipales con Jesús Vázquez á fronte, “Apostamos por seguir loitando co obxectivo de que a nosa cidade siga a reforzar o seu papel como a Atenas cultural de Galicia que sempre foi”, dixo Vázquez.

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo