Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Plan municipal de formación para o emprego avanza: oito cursos en setembro - Pontevedra

3 Setembro, 2018



O plan de formación laboral do Concello de Pontevedra está en marcha. Hoxe mesmo comezaron os cursos (dous) de Actividades auxiliares de almacén e na próxima semana, o día 10, arrancarán os de Atención á infancia, monitor de ocio e tempo libre e Atención sociosanitara a persoas dependentes en institucións sociais (dous para cada especialidade). As seis accións formativas súmanse aos seminarios en marcha sobre Viticultura, enoloxía e cata.

Todos os cursos van dirixidos a mozos e mozas menores de 30 anos e inscritos no sistema de garantía xuvenil. O alumnado destes cursos homologados e con titulación habilitante percibe unha bolsa durante o tempo de formación de 15 euros ao día, o que lles suporá 330-350 euros ao mes.

Aínda quedan prazas para estes cursos, as persas interesadas deben cubrir a seguinte SOLICITUDE ¬ CLICK AQUÍ e adxuntar a documentación solicitada e presentala en ILES VI – CONCELLO DE PONTEVEDRA na Casa da Luz do Concello de Pontevedra, sito na Praza da Verdura – Pontevedra.

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo