Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O proxecto Ourense+ abre o prazo para inscribirse en dous cursos en setembro e outubro para promover a cultura emprendedora verde

9 Setembro, 2018



O proxecto Ourense + para promover a cultura emprendedora verde entre o empresariado ourensano inicia dúas novas actividades tras o parón estival. Serán o curso “Emprende en verde, axudámoste”, a partires do 17 de setembro;  e “Lánzate a vender no mundo dixital”, dende o tres de outubro. Poderanse inscribir emprendedores,  parados, traballadores por conta allea con proxectos propios ou autónomos que desexan desenvolver novos proxectos empresariais.

O prazo de matriculación xa está aberto. As persoas interesadas poderán inscribirse no correo electrónico ourense+@gmail.com. Cada un dos cursos ofrece un total de 35 prazas e teñen unha duración de 50 horas.

Para o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, estas actividades son “unha oportunidade única de fomentar o autoemprego no sector ambiental”, xa que “o Concello de Ourense é a única administración que foi elexida para participar no programa Emprega Verde” para fomentar  autoemprego no sector ambiental.

“O obxectivo final é habilitar aos futuros emprendedores nas distintas habilidades e coñecementos necesarios para que poidan afrontar as dificultades propias de crear un proxecto empresarial”, explica o concelleiro de Promoción Económica. 

As novas actividades teñen como fin incentivar novos proxectos, traballando desde a posta en marcha da idea, valorando a súa capacidade de desenvolvemento e as súas posibilidades de éxito. O obxectivo é crear un Plan de negocio crible e defendible ante a banca e os posibles investidores.

Ademais nunha segunda fase os beneficiarios adquirirán capacitacións como habilidades de comunicativas, de desenvolvemento persoal, e capacidade de xestión de riscos e crises.

A formación traballará a venda nas redes sociais e no comercio electrónico, pero sen esquecer a venda no mercado físico.

O Programa Empleaverde é un programa promovido desde o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e a Fundación Biodiversidade para impulsar a mellora do emprego, o emprendimiento e o medio ambiente. O programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020.

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo