Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O Teatro Principal acollerá do 3 ao 8 de setembro a Mostra de Cinema Euro-árabe Amal en Ruta

3 Setembro, 2018



O Teatro Principal acollerá a próxima semana -do 3 ao 8 de setembro- a Mostra de Cinema Euroárabe Amal en Ruta, unha escolma do Festival Euroárabe Amal. Serán seis longametraxes, tres de ficción e tres documentais, un percorrido polo mellor cine árabe de actualidade. Todas as sesións comezarán ás 21.00 horas e a entrada é de balde até completar aforo.

 

Amal en Ruta é un proxecto itinerante da Fundación Araguaney- Puente de Culturas unha entidade que dende hai máis de tres décadas ten como fin o achegamento cultural entre o mundo árabe, Hispanoamérica e o noso país a través do patrocinio artístico, a edición literaria, a organización de exposicións, de concertos, de coloquios e de outras actividades culturais de diversa índole, entre as que destacan a Semana de Cine Euroárabe Amal.

O leitmotiv de Amal17 foi a loita: “E ti, por que loitas? 15 anos facendo do cine a nosa forma de cambiar o mundo” . Todas as películas de Amal en Ruta representan unha forma de loita que parte da resistencia a aceptar a imposibilidade de desenvolver os nosos proxectos e aspiracións, da resistencia a aceptar o “non”. É unha loita construtiva que nos serve como punto de partida para contar a diversidade dunha sociedade, a árabe, que non é está tan lonxe da nosa como algúns cren.

¬PÁXINA WEB AMAL EN RUTA



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo