Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Ourense acollerá 17 espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios ata fin de ano grazas a un convenio coa AGADIC

3 Setembro, 2018



O Auditorio Municipal acollerá até final de ano 17 espectáculos froito do convenio entre o Concello de Ourense e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). A programación estará chea de “variadas e moi atractivas propostas para consolidar o papel do espazo municipal como motor da actividade cultural da cidade e un dos referentes de programación en Galicia, tal e como o avala a asistencia de público”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

O convenio permitirá executar a programación incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios no segundo semestre de 2018, e contará cun orzamento de máis de 43.000 euros (32.877 achegados polo Concello mais 10.500 pola Agadic). Entre as propostas incluídas, podemos atoparLa zanja, da compañía catalá Tiztina; o espectáculo de danza In between, de Miquel Aristegui; Lo nunca visto, da madrileña La estampida, ouFillos do sol, de Contraproducións.

Tamén se inclúen neste convenio novas propostas de programación infantil, esa cita que cada domingo pola mañá reúne as familias ourensás no Auditorio.

Estes 17 espectáculos son só unha parte, importante pero non única, da programación do espazo municipal, que se presentará próximamente.

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo