Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Pontevedra Pont-Up Store 2018

14 Setembro, 2018



Este mediodía presentouse en Pontevedra o programa oficial da 5ª edición desta cita que se consolida como o referente para mostrar o emprendemento galego. No acto participaron Carme Fouces, concelleira de Cultura, Educación e Igualdade de Pontevedra; Javier Dios, deputado de Innovacion e Promoción Económica da Deputación de Pontevedra; Jorge Soto, vicerreitor do Campus de Pontevedra; e Pedro Figueroa, director do PONT-UP STORE.

 

Fouces falou da importancia de desenvolver tecidos empresariais e de construír canles para mostrar o talento da Universidade. A concelleira tamén celebrou que nesta edición se aposte dun xeito importante polo rural do noso país que asegurou “precisa unha mirada diferente e unha vinculación coa tecnoloxía”.

Pola súa parte, Javier Dios reafirmouse, como en anteriores edicións, na importancia de apoiar a cultura emprendedora “que é unha das apostas da Deputación a través de iniciativas que abarcan diferentes ámbitos e rangos de idade empezando pola escola”.

O vicerreitor Jorge Soto definiu o encontro como “tres días ilusionantes de cultura emprendedora e de apoio importante á economía social”.

Aplaudiu o traballo do comité á hora de seleccionar “unhas propostas de gran calidade” e lembrou que “a Universidade ten un equipo traballando de forma permanente en varias iniciativas enfocadas a apoiar o emprendemento do noso alumnado”.

+INFO VER PROGRAMA



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo