Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Pontevedra preséntase en Australia como sede do ITU Multisport 2019

14 Setembro, 2018



Pontevedra foi onte protagonista dunha parte do XXXI Congreso Mundial da International Triathlon Union (ITU), celebrada en Gold Coast (Australia), onde ten lugar, ademais, a gran final das series mundiais que se celebran en distintas grandes cidades do planeta. Un dos temas tratados foi o seguimento da organización do ITU World Multisport que o próximo ano se celebrará en Pontevedra dacabalo dos meses de abril e maio.

Todo o equipo español loce o logo de Pontevedra 2019, na equipación oficial.

Á presentación asistiron diferentes representantes españoles e europeos deste deporte a unha reunión presidida pola española Marisol Casado, líder desta organización internacional. Alí estaban o presidente da Fetri, José Hidalgo, a executiva da Federación Europea, Alicia García, e o director técnico da Fetri e tamén do evento pontevedrés, Jorge García.

Foi este último o encargado de realizar ante o plenario do Congreso a presentación do evento, que calificou como “o reto máis importante que ten a Federación Española; pero estamos seguros que ao ser en Pontevedra o resultado será espléndido, porque é unha cidade moi identificada co tríatlon, a casa do gran campión Javier Gómez Noya e do actual campión do mundo de Longa Distancia, Pablo Dapena. Todo fai prever que será un gran campionato”. A continuación foi presentado o vídeo promocional do Multisport

Vídeo

 



Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo