Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

 

Suscríbete a esta Web por correo electrónico

Introduce o teu correo electrónico para subscribirte a Porgaliciabaixo e recibir notificacións de novas publicacións.


eu_pax

 

QUÉN SON

Son unha profesional convencida de que, neste momento, é practicamente imprescindible posuír unha Web, como di o case xa "vello dito" aquel de, " Se non estás en Internet... Non existes". Por iso tamén aposto polo deseño de sitios web totalmente personalizados, reflectindo o estilo propio de cada empresa ou persoa. Non creo en plantillas e non as aplico aos meus clientes. Estudarei as túas necesidades de xeito individualizado, e o que necesitas transmitir, e en base a iso deseñarei a túa páxina Web

 

Estou plenamente convencida de que o presente e o futuro de calquera actividade económica pasa xa actualmente e pasará en tempos vindeiros imprescindiblemente por Internet; e isto non só é para as grandes empresas ou as grandes cadeas de tendas, tamén o é e será para os pequenos negocios que con estas técnicas poden aumentar o número de potenciais clientes que se acheguen ata eles. 
Un negocio na Rede é un negocio aberto as 24 horas os 365 días do ano.

 

PERO CALES SON AS SÚAS NECESIDADES REAIS?
Dependendo do tipo de negocio e de actividade, hai dous factores que son sempre comúns:
Vendedor - Comprador
Tendo é conta esta premisa básica, o que nos interesa é facer chegar o noso produto ao posible consumidor ou cliente. Segundo un estudo xa cada un de cada 4 españois compra produtos ou servizos a través de Internet, pero é que tamén se recoñece no mesmo, que a porcentaxe de vendas a través da Rede non deixa de incrementarse, dándose a circunstancia de crecer máis a venda a través de Internet, que a venda no propio establecemento.
Non hai que perder de vista as Redes Sociais, unha ferramenta fundamental para conseguir chegar ata cliente, xa que nos pon en contacto “directo” con el. Toda esta serie de espazos da Rede hai que estudalos convenientemente en cada caso, e poden ir acompañados doutras accións e outros recursos.
Estudarei as túas necesidades, o mercado… para desenvolver entón, o produto que máis te conveña, e que logres extraer así máximo partido da túa presenza na Internet.
Teléfono: 699 76 28 55

 

Si queres poñerte en contacto:

 

 

 

 

 

 

COMPARTE!!!