Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

40 Aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

8-11 de xuño en Silleda (Pontevedra) A maior feira de mostras e lecer do noroeste cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial. E faino cunha edición na que seguirá fortalecendo ...

VER +

Normas para a celebración das fogueiras de San Xoán - Pontevedra

As normas ás que terán que axeitarse a instalación e queima das fogueiras son as seguintes: 1ª.- Presentación no rexistro xeral do Concello da solicitude de celebración da fogueira, antes do próximo día 16/06/2017 ás 13,00 horas, facendo constar os seguintes ...

VER +

Ponteverán-2017 (Programa)

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á ...

VER +

Ourenrock Sound 2017 (Programa)

O ourenrock sound 2017 vai seguir a mesma filosofia que ata agora, que o fan especial , na primeria edicion tódolos grupos foron de Galicia, nesta segunda edición contaremos con bandas nacionais SIN DEIXAR de traer bandas galegas e como ...

VER +

A muiñeira ocupará a cidade o 2 de xuño - Pontevedra (Programa)

Pontevedra celebra unha vez máis -e van 46- o Día da Muiñeira. A cita é o próximo 2 de xuño e o seu epicentro estará na avenida Montero Ríos, a partir das 20.00 horas. Media hora antes os grupos participantes ...

VER +

Máis de 4.100 mozos e mozas participaron nas Noites Abertas- 2017 - Pontevedra

Rematada a dezaoito edición de Noites Abertas, é tempo de avaliación e reflexión. 92 propostas ofertadas, 26 días de actividades e 237 sesións, 115 monitores, 4.150 participantes son cifras que falan do éxito do programa de ocio xuvenil que promove ...

VER +

Burning, nova incorporación as festas de Ourense

As Festas de Ourense 2017 amplían a súa programación musical cunha das bandas máis populares e lonxevas do panorama rock nacional: Burning, que actuará o día 28 de xuño na Praza Maior. A lendaria banda de rock madrileña cumpridos xa ...

VER +

Pontevedra acredita na Gala do Libro 2017 que “é unha potencia cultural”

A Gala do Libro 2017 acreditou que Pontevedra “é unha potencia creativa, literaria e cultural” en palabras da concelleira de Cultura, Carme Fouces, quen acompañada pola xerente do Pazo da Cultura, Pilar Portela, asistiu ao evento celebrado no Teatro Principal ...

VER +

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

Festa do Apego na Illa do Covo - Pontevedra

O programa Apego pon o ramo ás actividades de primavera cunha festa na Illa do Covo, o próximo 27 de maio. “A idea é pasar un día en galego, pasar un dia en familia” subliñou o concelleiro de Normalización Lingüística. O ...

VER +

Discurso de Miguel Anxo Lores, alcalde de Pontevedra,  no Homenaxe a Carlos Casares promovido pola Asociación Sociocultural O Burgo, no Día das Letras Galegas.

Queridas amigas, queridos amigos,

Resulta un pracer compartir de novo convosco un ano máis esta Festa das Letras coas que Pontevedra reafirma a súa vocación galega, galeguista e galeguizadora, obxectivos nos que nos gusta estar marcando o ritmo do país.

Este ano ademáis dedicamos esta xornada de festa e reivindicación a un sobranceiro persoeiro da Galiza contemporánea, escritor, editor, columnista e divulgador da nosa lingua coa que Pontevedra ten unha relación de especial agarimo.

Unha escultura lembra na Praza de San Xosé a súa relevante figura na imaxinaria tertulia que une a cinco intelectuais do século XX, pero tamén, e non é un motivo menor, porque hai pouco naceu aquí, entre nós, unha nova pontevedresa, a que sería a súa neta, xa que entre nós vive e traballa o seu fillo Christian.

Pero máis aló dos vencellos específicos de Carlos Casares coa cidade, estamos diante dun significado escritor galego, moi lido grazas á ampla difusión das súas novelas e os seus artigos en La Voz.

Casares sempre será un dos imprescindibles da literatura galega do século XX, un dos que a soubo renovar cara a temáticas máis cosmopolitas e un estilo máis contemporáneo. Herdeiro dun determinado xeito de entender Galiza, agardamos que a súa figura se vaia convertindo nun referente literario de sólida raigame.

Temos unha enorme sorte os galegos e galegas de contar na nosa equipaxe literaria con escritores coma el, que cultivaron xéneros tan interesantes como a novela xuvenil ou o xornalismo literario, que estes días se está lembrando desde numerosas atalaias.

A mellor homenaxe que podemos facer a un escritor é ler a súa obra. Pois a iso vos convido, para eso sobre todo celebramos o Día das Letras, a nosa sobranceira festa nacional dedicada á lingua e a cultura.

E para que todos os Carlos Casares que veñan en diante podan seguir utilizando o noso idioma como vehículo expresivo normalizado, temos que insistir, como cada ano, en que precisamos máis esforzos para potenciar o idioma galego.

Nunca serán moitas as enerxías e a intelixencia que invirtamos neste cometido fundamental da nosa cultura.

Estamos a vivir un cambio radical e profundo nas relacións culturais entre as persoas, condicionadas pola globalización e o desleixo.

Milleiros de mensaxes producidas a milleiros de quilómetros de distancia entran cada día en contacto connosco, impoñéndonos novos hábitos e estilos de vida.

Entre eses impulsos globalizadores entran nas nosas vidas maneiras de ver o mundo que utilizan intensamente os idiomas español e inglés, relegando o galego ao papel dunha irmá pobre e desamparada ao pé do precipicio.

Nunca nos mostraremos pasivos ante esa inercia depredadora, que despreza ao ser humano e á fermosa diversidade que fomos creando ao longo dos séculos.

Só queda, como cada ano, agradecer á Asociación Cultural do Burgo a súa implicación neste fermoso acto. Grazas a vós, Pontevedra celebra cada 17 de maio coa altísima dignidade que merece esta data necesaria. Coma sempre, parabéns en nome das nosas veciñas e veciños.

Queremos moitos Carlos Casares máis na nosa literatura. Queremos máis vida intelixente en galego, máis oportunidades para a nosa lingua, máis azos para a nosa cultura.

Non nos rendiremos, non.

Moitas grazas

Foto: JAVIER CERVERA-MERCADILLO – Diario de Pontevedra

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador