Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Chega Sete Falares - Pontevedra (Programa)

Pontevedra acollerá do 8 ao 11 de xuño a sexta edición do Encontro Internacional de Contadores/as de historias, Sete Falares. Un proxecto que, como explica a concelleira de Festas e Dinamización Cultura, Carme Da Silva, “pretende dúas cousas: dar a ...

VER +

XIV Feira da Saúde Concello de Ourense

30 e 31 de maio na avenida de Pontevedra coa participación de 30 asociacións da cidade. ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

VER +

Conferencia O Piloto, o último guerrilleiro, Quén nega a guerrilla? - Ourense

Xoves 25 de maio  ás 20,15 horas No Café Cultural Auriense  a conferencia O Piloto, o último guerrilleiro, Quen nega a guerrilla?, con Afonso Eiré.

VER +

Pontevedra acredita na Gala do Libro 2017 que “é unha potencia cultural”

A Gala do Libro 2017 acreditou que Pontevedra “é unha potencia creativa, literaria e cultural” en palabras da concelleira de Cultura, Carme Fouces, quen acompañada pola xerente do Pazo da Cultura, Pilar Portela, asistiu ao evento celebrado no Teatro Principal ...

VER +

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

A Deputación de Ourense convoca o XIV Certame de Artes Plásticas (Bases)

Unha iniciativa cultural que pretende “promover e apoiar aos novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, premiando e difundindo os traballos dos creadores máis novos”, afirmou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández quen, xunto ao director do ...

VER +

Exeria; a primeira turista de orixe galego da Historia

Que os galegos somos "viaxeiros" sabémolo todos, pero o curioso  é a historia desta muller, que viviu na antigüidade, alá polo século IV, e emprendeu viaxes culturais ata Oriente Próximo. Se lle coñece tamén como Egeria, Echeria e Eteria, nacida en ...

VER +

A Tropa de Trapo xira con tres espectáculos de contos con valores por concellos do Fondo Galego

- ‘Contamos todas’, centrado na igualdade de xénero, e ‘Ti tamén contas’ levan aparellados obradoiros participativos para facer reflexionar ao alumnado - ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’ ofértase ás novas administracións locais que este ano se asocien ao Fondo Galego ...

VER +

Presentación do libro 'Prego: Mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital'

Esta mañá tivo lugar, no salón de plenos do Concello de Ourense, presentouse o libro-catálogo Prego: Mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital, dos autores Francisco Javier Limia Gardón e Natalia Figueiras Pimentel. No acto participaron Jesús Vázquez, alcalde de ...

VER +

Presentación da novela 'Por amor a ti, meu fillo' - Ourense

Venres día 19 de Maio ás 20:00 horas no  Centro Cívico Colón O Concello de Ourense presenta, a través do Centro de Información Municipal á Muller (CIMM), a novela curta "Por amor a ti, meu fillo", da autora María José Rodríguez. Trátase dunha ...

VER +

Xoldra na Eira - Pontevedra

21 de maio no Teatro Principal de Pontevedra

VER +

Celebración Día das Letras Galegas no Ateneo de Ourense

Día 22, luns, ás 20:30 horas Programa: 1.- Dolores López Alonso lerá un artigo de Carlos Casares titulado: “Salvar as verbas”. 2.- Interpretación a cargo do “Grupo de canto e instrumentos tradicionais do Ateneo de Ourense”da Canción titulada: “Carlos Casares”. Letra: Armando González López. Música: ...

VER +

Día das Letras Galegas

A Fala de Manuel María O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. O idioma é o tempo, é a voz dos avós e ...

VER +

Aqueles Festivais do Verán. O Festival del Miño de Ourense

Con estes días de verán adiantado, sol por milleiros,  temperaturas inusualmente altas para a época do ano, e a resaca do festival de Eurovisión,  empezan a virme á memoria recordos daqueles festivais estivais que triunfaban na España dos 60 e ...

VER +

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 25 anos (Programa)

Cinema e música en vivo irán da man neste aniversario coa programación do ciclo Notametraxes-17, que se desenvolverá no Teatro Principal todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O XXV Festival converterá á cidade no referente ...

VER +

Que os galegos somos “viaxeiros” sabémolo todos, pero o curioso  é a historia desta muller, que viviu na antigüidade, alá polo século IV, e emprendeu viaxes culturais ata Oriente Próximo.

Se lle coñece tamén como Egeria, Echeria e Eteria, nacida en Gallaecia ,  «nas ribeiras máis afastadas do océano occidental» segundo parecen indicar algúns documentos do século IV.

Manteñen algúns autores que podería ser parente da primeira esposa de Teodosio O Grande, outros din que era cuñada de Prisciliano, irmá de Gala, a parella deste último.

Fóra como fose, do que non hai dúbida, é que tiña que ser unha muller importante, ao mesmo tempo que independente. De posición acomodada, tivo plena autonomía para tomar as súas propias decisións. Realizou peregrinación a Terra Santa, e así o deixou plasmado por escrito, coas súas notas e impresións dos lugares polos que ía transitando, e este relato pasou a ser o primeiro libro de viaxes dunha galega;  considerada a primeira escritora hispana en lingua latina.

Algúns estudiosos cren que era membro dunha comunidade relixiosa, e podería ser abadesa; pero hai outros historiadores que manteñen que naquela época era usual entre cristiáns que se denominasen a si mesmos, como “irmáns” ou “irmás”; e resulta complicado pensar que unha monxa tivese tanta liberdade de movementos para realizar unha viaxe tan longa. Hai que ter ademais en conta, o seu nivel formativo, o custoso dunha viaxe desas características, e outro feito rechamante: ela non se centraba nos feitos relixiosos dos lugares polos que viaxaba, que era a tónica xeral doutros “viaxeiros” da época dos que se ten constancia en documentos.

Así por exemplo, na súa visita ao Sinaí dicía:

“a ascensión de estes montes faise cun esforzo inmenso, xa que non se soben aos poucos, en espiral, senón que se sobe todo dereito, como ao longo dunha parede!”

Sinaí

O libro co conxunto de peripecias desta expedición a Oriente Próximo,  coñécese como Itinerarium Egeriae (a viaxe abarca desde o 381 ao 384), e no  seu percorrido desprázase pola Galia (Francia), norte de Italia, atravesou o Mar Adriático, e chega a Constatinopla no ano 381.

A Viaxe

A narración describe con detalle o modo de viaxar a través do cursus publicus romano, a rede de vías utilizadas polas lexións nos seus desprazamentos (unha rede de 80.000 km) e as dificultades a superar ao transitar por paisaxes inhóspitos.

Adoitaba empregar como hospedaxe as mansios, ou casas de postas, ou noutras ocasións acolléndose á hospitalidade dos mosteiros implantados en oriente desde hai anos, pero aínda case descoñecidos en occidente.

Varias mencións ao longo do manuscrito suxiren a posibilidade de que contase con algún tipo de salvoconducto oficial que lle permitiu recorrer a protección militar en territorios especialmente perigosos.

O Itinerarium divídese en dous partes: a primeira narra a viaxe e comeza cando Exeria está a piques de subir ao monte Sinaí, tras visitar Xerusalén, Belén, Galilea e Hebrón.

Desde aí diríxese ao monte Horeb, e regresa despois a Xerusalén atravesando o país de Gesén.

Viaxa despois ao Monte Nebo e a Samaria, e cando se cumpren tres anos da súa partida volve de novo a Xerusalén e decide regresar a Gallaecia.

Durante o seu regreso visita Tarso, detense en Edesa, visita Siria e Mesopotamia, e de novo a Tarso. Desde aí pon rumbo a Bitinia e Constantinopla.

O diario da viaxe termina nese punto, aínda que antes de concluír aínda expresa o seu desexo de visitar Éfeso.

A segunda parte do diario describe a liturxia tal e como leva cabo en Terra Santa, en oficios de diario, domingo e durante as festas de Pascua e Semana Santa.

 

En resumo, de Constatinopla márchase a Xerusalén, Jericó, Nazaret e Cafarmaúm. Posteriormente trasládase a Exipto, Alexandría, Tebas, o Mar Vermello e Sinaí, estarán detallados nos seus cadernos; do mesmo xeito que Antioquía. Mesopotamia, río Eufrates, Siria e regresa.

Descoñécese data e circunstancias do seu falecemento.

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario