Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

32 anos do regreso de Castelao a Galicia

28 Xuño, 2016

(Respéctase o idioma dos textos íntegramente)

28 JUN 1984
En vuelo desde Buenos Aires, esta tarde, a las 17.40, está prevista la llegada al aeropuerto de Labacolla, en Santiago de Compostela, del cuerpo embalsamado de Castelao. El traslado de los restos del escritor y principal símbolo del nacionalismo gallego, que falleció en el exilio el 7 de enero de 1950, a los 64 años, coincide hoy con el aniversario del plebiscito del estatuto de autonomía de 1936, que no llegaría a entrar en vigor. Castelao será enterrado en el Panteón de Galegos Ilustres en Santo Domígno de Bonaval junto a Rosalía de Castro.
Manuel Rivas (El País)

Da Galiza emigrada á Galiza exiliada

Na vida de Castelao, tan polifacética, non podía faltar a emigración e o exilio. De feito, a súa infancia viuse marcada pola emigración e os últimos anos transcorreron no exilio bonaerense, esa sorte de Galiza ideal.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Fillo de Mariano Rodríguez Dios e de Joaquina Castro Genme. No mesmo ano do seu nacemento o pai emigrou á Arxentina, quedando o neno ao coidado da nai e dos avos maternos. En 1895, na compaña de súa nai, Castelao emigrou á Arxentina para se reunir con seu pai, instalado cun almacén de comercio (pulpería) na Pampa. Esta primeira estadía arxentina duraría de 1895 a 1900. A presenza da emigración na infancia de Castelao reflectiuse na súa obra, un exemplo son os relatos “O segredo” e “O inglés” incluído no seu libro Retrincos (1934).

Tras regresar a Galicia, entre 1900 e 1903 cursou o Bacharelato e o preparatorio de Medicina en Santiago de Compostela. Entre 1903 e 1909 estudou a carreira de Medicina. Por esta época comezou a súa actividade artística, vencellado sobre todo á caricatura. En 1908 e 1909 participou no II e III Salón de Humoristas en Madrid. Castelao deseñou as cubertas dos primeiros números de Vida Gallega, publicación que comezou a se editar en 1909. Tamén deseñou algunhas capas de libros, caso de Princesa del amor hermoso de Sofía Casanova. En 1909 presentou un óleo na “Exposición Regional Gallega” que foi premiado cunha medalla de ouro.

 

 

En novembro de 1944 constitúse en Montevideo o Consello de Galiza, que tivo a Castelao como primeiro presidente. En 1945 participou na reunión das Cortes da República en México. En 1946 Castelao foi nomeado ministro do Goberno encabezado por José Giral.

En 1910 instalouse en Madrid co obxectivo de realizar o doutoramento, labor que non realizaría. Na capital do Estado continuou ilustrando libros e colaborando en varias publicaciós. En 1911, de volta en Rianxo, comezou a editar o xornal El Barbero Municipal, órgano do bando conservador-maurista que en Rianxo encabezaba seu pai. Outros inspiradores desta periódico foron Eduardo Dieste e Ramón Rey Baltar. En 1912 casou con Virginia Pereira, natural da Estrada. Tamén en 1912 vencéllase ao movemento agrarista Acción Gallega liderado por Basilio Álvarez. Do mesmo xeito, neste mesmo ano realizou a súa primeira exposición individual en Ourense, á que seguiría outra mostra no Salón Iturrioz de Madrid. En 1913 ditou a súa primeira conferencia sobre a caricatura no balneario de Mondariz.

O vencello de Castelao co mundo da emigración manteríase a través da súa colaboración coa prensa de Bos Aires, colaborou con La Semana Universal (1912) e con Suevia (1916). En 1917, xa instalado en Pontevedra, adhírese ás Irmandades da Fala e comeza a colaborar con A Nosa Terra. Castelao participou nas sucesivas asembleas nacionalistas. En 1918 aprobou en Madrid unhas oposicións ao corpo técnico do Instituto Geográfico e Estadístico. Nese mesmo ano comezou a colaborar con El Sol de Madrid. En 1920 inaugurou na Coruña a primeira exposición do Album Nós. En 1921, pensionao pola Junta de Ampliación de Estudios, realizou unha viaxe por Francia, Bélxica e Alemaña.

En 1922 publicou na colección Céltiga a súa novala curta Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete. En 1926 publicou a primeiro libro de Cousas. En 1929, novamente pensionado pola Junta de Ampliación de Estudios, viaxou a Bretaña. Coa proclamación da II República en 1931, Castelao foi elixido deputado nas candidaturas da Federación Republicana Gallega. En 1934 publicou a sua novela Os dous de sempre. Neste ano ingresou na Real Academia Galega. O goberno de dereitas destérrao a Badaxoz. En 1936 foi novamente elixido deputado dentro das candidaturas da Fronte Popular. A sublevación militar sorpréndeo en Madrid, a onde acudira para facer entrega do Estatuto galego ás Cortes. En 1937 publicou en Valencia os álbumes de guerra Galicia Mártir e Atila en Galicia. En 1938 realizou unha viaxe de propaganda á URSS, viaxando máis tarde a Estados Unidos e Cuba. Durante a súa presenza na illa caribeña, Castelao participou activamente nas eleccións do Centro Gallego da Habana. Así, a súa participación foi decisiva para que a candidatura republicana de Hermandad Gallega se impuxese sobre a candidatra valedora dos sublevados franquistas. En Nova York publicou o seu álbumMilicianos.

A derrota republicana condenouno ao exilio, asentándose en Nova York. En 1950 acadou viaxar a Bos Aires. En 1941 estreou na capital arxentina a súa peza teatral Os vellos non deben de namorarse. En novembro de 1944 constitúse en Montevideo o Consello de Galiza, que tivo a Castelao como primeiro presidente. En 1945 participou na reunión das Cortes da República en México. En 1946 Castelao foi nomeado ministro do Goberno encabezado por José Giral, do cal sairía ao ano seguinte por mor dos enfrontamentos entre as faccións republicanas.

(Cultura Galega)

Falecemento de Castelao
Unha vez falecido en Bos Aires o político republicano e separatista galego Alfonso Rodríguez Castelao advírtese o seguinte por parte da Dirección Xeral de Prensa aos xornáis sobre o tratamento de cómo deben dar a nova:
A noticia da súa morte darase en páxinas interiores e a unha columna.
Caso de inserir fotografía, esta non deberá ser de ningún acto político. Eloxiaranse unicamente do falecido as súas características de humorista, literato e caricaturista.
Poderase destacar a súa personalidade política, sempre e cando se mencione que aquela foi errada e que se espera da misericordia de Deus o perdón dos seus pecados.
Da súa actividade literaria e artística non se fará mención algunha do libro “Sempre en Galiza” nin dos álbums de debuxos da guerra civil. Calquera omisión destas instrucións dará lugar ó correspondente expediente.

(Wkipedia)

Entierro de Castelao en el exilio: En La Chacarita (Argentina)

Cierto que, a mediados del siglo pasado, la presencia de emigrantes y exiliados gallegos en Buenos Aires no solo era bien patente, sino que, a través del Centro Gallego, se había erigido en un polo de poder, económico y político. Pero ello nos es óbice para que, algunos ciudadanos bonaerenses, se preguntasen por la identidad del finado en aquel espectacular cortejo fúnebre que trasladó el cadáver de Castelao al cementerio de La Chacarita. Y es que desde, y para, el Centro Gallego, la muerte de Castelao resultó todo un reto organizativo al que había que responder con unos fastos que pretendían formar parte de la historia de la ciudad de Buenos Aires…y de Argentina por extensión.

De ello se ocupó la junta directiva del CG desde el primer momento, cuando alzó la bandera de Galicia media asta en señal de luto y se ocupó de comunicar a todos los medios informativos la noticia del deceso desde las primeras horas del domingo, 8 de enero de 1950. Fue en el Centro Gallego donde se instaló, por supuesto,la capilla fúnebre, en un féretro envuelto por la bandera gallega. Durante todo aquel domingo, hasta altas horas de la noche, además de cientos de gallegos, desfilaron las mayores autoridades de la República de Argentina, e incluso algunas de la del Uruguay. Las entidades gallegas, casi sin excepción, enviaron tal cantidad de ofrendas florales que resultó imposible que cupiesen todas en la sala, por lo que algunas tuvieron que ubicarse en los pasillos y en el hall de entrada del edificio social.

La salida del Centro Gallego fue flanqueada por el cuerpo de enfermeras con su uniforme profesional. Antes de llegar al cementerio, el féretro fue llevado al Centro Ourensán. Allí, según cuentan las crónicas, “desde los balcones, piadosas manos de mujeres ourensanas arrojaron una lluvia flores sobre el ataúd”.

Del Centro Ourensán partió el cortejo fúnebre “ante una muchedumbre que paralizaba el tráfico de la Avenida Belgrano”. La carroza fúnebre que trasportaba el cadáver, era seguida por una docena más de carrozas en las que se acumulaban todas las ofrendas florales recibidas. Ya en el cementerio, aguardaba una multitud que acompañaría la última etapa: el camino al Panteón Gallego. En las páginas del archivo de Centro Gallego se lee: “É intención da nosa colectividade eiquí radicada, enviar os restos do ilustre patriota a Galiza, cando alí non campe o réxime de barbarie e opresión das liberdades da nosa terra..”

(Faro de Vigo)

 

 

Foto: Wikipedia // Regueifeiro – Tumba de Castelao no Panteón de Galegos Ilustres.

Cómpre destacar o desexo de Castelao de que o seu corpo, de morrer no desterro, fora repatriado a Pontevedra  xa que se consideraba pontevedrés pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra .

Regreso a Galiza

Os seus restos mortais foron repatriados e levados para o Panteón de Galegos Ilustres, no convento de San Domingos de Bonaval (Santiago de Compostela), o 28 de xuño de 1984, coincidindo co aniversario do plebiscito que aprobou o Estatuto de Galiza], en medio de manifestacións nacionalistas que acusaban as autoridades de que “os que o exiliaron agora fanlle honores”.

Cómpre destacar o desexo de Castelao de que o seu corpo, de morrer no desterro, fora repatriado a Pontevedra  xa que se consideraba pontevedrés pola miña propia vontade e pola identificación coas terras e xentes de Pontevedra .

O mesmo día en que chegan os restos de Castelao, concédeselle a título póstumo a Medalla de Ouro de Galicia  e, en decembro dese mesmo ano a Xunta crea a Medalla Castelao .

Vídeo: Traslado a Galiza e enterro no camposanto de Bonaval, Compostela, de Afonso Daniel Rodríguez Castelao, e as protestas nas rúas de Santiago – TVE-Galicia 1984




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo