Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Amar a mar: O Museo do Mar de Galicia

15 Xaneiro, 2017

O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico dedicado ao mar, inaugurado en xuño do 2002 situado na Punta do Muíño, na parroquia viguesa de Alcabre. O padroado do museo está composto pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello de Vigo.

Foi proxectado polo arquitecto galego César Portela e o italiano Aldo Rossi e levado a cabo por Portela á morte do último.

Consta de tres edificios: Un edificio principal, outro secundario ao que se accede a través dunha pasarela, o acuario e un pequeno restaurante. Na contorna hai tamén un faro de estrutura metálica e unha rompente.

Na entrada, hai unha pequena baixada empedrada, franqueada por dúas fileiras de árbores e nun lateral desta hai un mural policromado feito con gres de Burela, concibido por Francisco de Sales Covelo e interpretado por Isaac Díaz Pardo na factoría do Grupo Sargadelos en Sargadelos en 2003.

O edificio consta de recoñecemento mundial, como unha grande obra arquitectónica recibindo visitas de estudantes de arquitectura de diversos países.

Os edificios conteñen a exposición permanente do museo, e ademais aloxan diversas exposicións temporais de temáticas moi variadas, na medida do posible relacionadas co mar.

O primeiro edificio, contén a recepción, onde se tramitan as entradas, e un pequeno espazo de tenda para a venda de produtos relacionados co mar e recordos, as salas de exposicións temporais, e as primeiras salas da exposición permanente, que serían O Gabinete do naturalista, a Homenaxe o desastre do Prestige e Exploración do mundo submarino, xunto con algunhas pezas illadas, principalmente fotografías da zona mariñeira de Vigo e maquetas de diferentes embarcacións.

Nel hai unha gran sala con diversos bloques temáticos, incluíndo embarcacións tradicionais, industria conserveira e industria baleeira.

No edificio do Acuario hai unha pequena mostra da fauna que habita a Ría de Vigo, dende a costa ata as Illas Cíes, entre outras especies, varias pintarroxas, douradas, rubios, linguados…

Á parte destes talleres, os visitantes poden asistir en datas sinaladas a eventos como a alimentación dos peixes do Acuario, ou a actividades realizadas exclusivamente para exposicións temporais, como pases guiados ou talleres especiais.

O propio Museo participa nunha serie de actividades de investigación como A memoria do mar, o proxecto Neuston ou o Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.

¬PÁXINA DO MUSEO CLICK AQUÍ

 

Vídeo

 

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo