Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Aquae Querquennae - Porto Quintela, Bande Ourense

25 Febreiro, 2016

Foto: Porgaliciabaixo

Na Galicia interior, case case limitando con Portugal, nunha zona repleta de historia e nunha contorna natural única, sitúase a traxectoria da antiga vía romana que seguía a ruta entre a QUARQUERNIA histórica (Comarca Bande – Entrimo) e Lucus Augusti, poderás chegar ao Campamento Militar Romano e Mansión Viaria Aquae Querquennae.  

Cómo chegar?

1ª Opción. Dirixirse á poboación de Bande en dirección Portugal; unha vez percorridos aproximadamente uns 4 quilómetros, atoparémosnos cunha pista asfaltada man esquerda, que nos levará a unha praia fluvial e ao Centro de Interpretación ou Museo de Quarquennia, e un pouco máis adiante, ata o propio xacemento do campamento militar romano e a Mansión Viaria.

2ª Opción: Outro xeito é ir andando, gozando do paseo a pé. Neste caso deberemos ir no noso vehículos e deixalo estacionado nunha gran curva abandoada da estrada autonómica, uns cen metros antes de Porto Quintela. Unha vez alí, atoparemos xa carteis indicadores e sinalizados, e descenderemos por ese fermoso camiño cara ao xacemento romano, por unha arboleda de carballos centenarios.

 

 

Liñas Xerais Sobre o Xacemento:

Segundo os últimos estudos estas instalacións militares foron ocupadas por un destacamento militar da Lexión Sétima Gémina, en tempos do emperador Vespasiano (69 – 78 dC), e que polo visto tiña como finalidade promover e poñer en marcha a construcción da Vía Nova.

Co tempo, unhas décadas despois, ao campamento militar como tal desaparecería, e realmente a súa estrutura de pedra será utilizada como fonte de canteira, e así foi crecendo a Mansión Viaria ou Hospedaje de Aquis Querquennis. Esta era a que facía a número catro desde Braga, situándose a 53 millas desta última, dándose ademais a circunstancia que se converteu no núcleo urbano máis importante e famoso entre os Quarquernnos e da Gallaecia interior, así acreditado por Tolomeo na metade do século II.

 

 

Vídeo




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo