Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Aquis Querquennis e a “Septima Gémina”

23 Marzo, 2016

Foto: Porgaliciabaixo

Este campamento romano da Septima Gémina, foi un dos principais epicentros orientados á activación da construción da Via Nova, tamén coñecida como a Vía XVIII de Antonio.

A día de hoxe  foron escavados aproximadamente sobre uns 200 metros da muralla perimetral, e pódense observar as estruturas das súas respectivas torres sucesivas e diferentes entradas ou portas de acceso, a Porta Principalis, Sinistra (parte principal esquerda), e a Porta Documana(a parte oeste). Tamén podemos ver un pequeno sector do foso; e o edificio do Cuartel General ou Principia.

 

 

Foto: Porgaliciabaixo

Foto: Porgaliciabaixo

Foto: Porgaliciabaixo

Facendo un esquema, as construcións a ver neste xacemento serían as seguintes:

– Os Barracóns da tropa: Pensado para os oitenta soldados da centuria; á esquerda sitúase a residencia do centurión, a continuación os cubículos dos soldados, en número de dez cubículos – dous soldados, pero con capacidade para outros soldados (Contubernia). Están acompañados do seu correspondente patio (Impluvium), equipado cunha cisterna no medio.

– O Hospital (Valetudinarium). Asemella a unha domus romana, contando con varias dependencias cun patio central (Peristilum)

– Hórreos (Horrea). Almacéns de cereais e alimentos para consumo humano.

– A Mansión Varia. Unha casa de hospedaxe ou pousada para descansar os viaxeiros da época, que percorrían a Vía Nova. Os restos descubertos constan dun gran patio cuberto, unha área dedicada ás habitacións dos viaxeiros, un forno de pan nunha das esquinas, ademais doutro patio exterior equipado cun pozo e pensado para resgardar, e dar de beber aos animais de transporte e montura.

– Podemos xa, si achegámonos a esta zona gozar de augas termais, que brotan no medio dun antigo establecemento balneario. Especialmente idóneos para enfermidades dermatolóxicas e tamén reumáticas. As temperaturas que alcanzan oscilan entre 36 e 48 graos. Todo nesta zona, atópase nunha contorna belísima e que invita ao relax.

 

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo