Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

El Catón Compostelano

29 Marzo, 2016



El Catón Compostelano foi o primeiro xornal de Galicia. O primeiro número apareceu o 1 de maio de 1800 na cidade de Santiago de Compostela.

Catón Compostelano

El Catón Compostelano, que Eugenio Carré Aldao alcumou como “primeiro xornal galego”, veu a luz en Santiago de Compostela no ano 1800. Trátase dunha publicación semanal na que se tocaban temas de corte erudito e polémico, dende a necesidade da educación das mulleres ata a orixe das linguas de España; da paz, a liberdade ou o tempo, á necesidade dunha Historia Natural de Galicia ou a descrición dunha “embarcación que poida navegar polo ayre”. Este xornal tivo unha curta existencia de menos de seis meses. Cada entrega era presentada como un Discurso e todo apunta a que era Francisco del Valle-Inclán -catedrático, bibliotecario e reitor da Escola de San Clemente de Santiago de Compostela- o factótum da publicación.

No ano 2000 o Consello da Cultura Galega celebrou o bicentenario da súa aparición editando un facsímile, xunto cun volume de Estudos. O exemplar escolleito para a realización desta reprodución foi o adquirido polo CCG ós herdeiros de Ramón Vázquez Salgado. Componse esta colección de vinte e un discursos, o mesmo número de entregas que ten a serie que atesoura a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre da Coruña.

O único exemplar completo consérvase na Biblioteca do Seminario Maior de Ourense, que procede da biblioteca que en testamento doou o cóengo arquiveiro e bibliófilo ourensán Emilio Duro Peña. Consta de vinte e dous encadernados en pergamiño.

A reprodución de El Catón Compostelano ofrécea en formato PDF o Consello da Cultura Galega na súa páxina web ¬CLICK AQUÍ

Fonte: Wikipedia


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo