Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Érase unha vez… la Ciudad de los Muchachos en Ourense

30 Marzo, 2017



En setembro de 1957, en Ourense, o sacerdote Pai Jesús César Silva Méndez xunto cun grupo de 15 raparigos sementa a semente do que anos máis tarde se convertería nun auténtico movemento social, que adquire identidade a través das súas comunidades educativas.

Entre os seus fins estaba o ensino, investigación e desenvolvemento da cultura, educación, artes, ciencias… e asistir aos mozos no seu dereito á cultura e en xeral, ao desenvolvemento integral de todos os nenos e nenas, adolescentes e mozas tanto no ámbito nacional como internacional.

Ciudad de los Muchachos

Foto: http://bokyopinion.blogspot.com.es

Para iso Jesús César Silva Méndez adquiriu máis de 14 hectáreas de terreo, a leira Benposta, na parroquia ourensá de Seixalvo; onde levantou unha cidade que contaba coas súas propias leis, unha televisión (Ourense Televisión Benposta), acuñaba a súa propia  moeda ( coroas )e celebraba eleccións libres co seu propio parlamento e alcalde.

Unha sorte de ilusión educativa de liberación cristiá, e revolucionaria na súa época, que acubillou ao redor duns cincuenta mil “raparigos”. Desde 1963 manteñen unha escola de artes acrobáticas e circenses, a segunda de Europa, na que participan nenos de todas as idades. De feito alcanzaría gran fama, e sería soada como uns dos mellores circos de Europa., “El Circo de la Ciudad de los Muchachos”.

O modelo de Benposta imitouse e repetiuse en máis dunha ducia de países de todo o mundo.

A partir do ano 2003 todo cambiou. Por loitas internas no seo da Asociación Nación dos Raparigos, o órgano de goberno, co Pai Silva, máis problemas financeiros e diferentes acusacións sobre as malas condicións nas que vivían os nenos no centro e o trato que recibían, fixo que este proxecto finalizase de mala maneira. Con denuncias nos xulgados e enfrontamentos con distintas administracións do Estado.

Esta organización foi convertida polo Pai Silva finalmente nunha Fundación, e á súa morte,  pasou a mans dos seus herdeiros. Aquí arrinca a historia da etapa final, con acusacións cruzadas de diversa índole económicas que aínda deben dirimirse a través da vía xudicial.

O Cura Silva faleceu en Ourense o 2 de setembro do 2011. Pouco queda dos seus anos de gloria, nos últimos anos a leira de Benposta utilizouse para diferentes eventos de festivais musicais na cidade de Ourense.

Ciudad de los Muchachos

Foto: http://bokyopinion.blogspot.com.es

Vídeo: “Comienzos” Ciudad de los Muchachos

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo