Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Exeria; a primeira “turista” de orixe galego da Historia

 18 Maio, 2017



Que os galegos somos “viaxeiros” sabémolo todos, pero o curioso  é a historia desta muller, que viviu na antigüidade, alá polo século IV, e emprendeu viaxes culturais ata Oriente Próximo.

Se lle coñece tamén como Egeria, Echeria e Eteria, nacida en Gallaecia ,  «nas ribeiras máis afastadas do océano occidental» segundo parecen indicar algúns documentos do século IV.

Manteñen algúns autores que podería ser parente da primeira esposa de Teodosio O Grande, outros din que era cuñada de Prisciliano, irmá de Gala, a parella deste último.

Fóra como fose, do que non hai dúbida, é que tiña que ser unha muller importante, ao mesmo tempo que independente. De posición acomodada, tivo plena autonomía para tomar as súas propias decisións. Realizou peregrinación a Terra Santa, e así o deixou plasmado por escrito, coas súas notas e impresións dos lugares polos que ía transitando, e este relato pasou a ser o primeiro libro de viaxes dunha galega;  considerada a primeira escritora hispana en lingua latina.

Exeria

 

Algúns estudiosos cren que era membro dunha comunidade relixiosa, e podería ser abadesa; pero hai outros historiadores que manteñen que naquela época era usual entre cristiáns que se denominasen a si mesmos, como “irmáns” ou “irmás”; e resulta complicado pensar que unha monxa tivese tanta liberdade de movementos para realizar unha viaxe tan longa. Hai que ter ademais en conta, o seu nivel formativo, o custoso dunha viaxe desas características, e outro feito rechamante: ela non se centraba nos feitos relixiosos dos lugares polos que viaxaba, que era a tónica xeral doutros “viaxeiros” da época dos que se ten constancia en documentos.

Así por exemplo, na súa visita ao Sinaí dicía:

“a ascensión de estes montes faise cun esforzo inmenso, xa que non se soben aos poucos, en espiral, senón que se sobe todo dereito, como ao longo dunha parede!”

Exeria

O libro co conxunto de peripecias desta expedición a Oriente Próximo,  coñécese como Itinerarium Egeriae (a viaxe abarca desde o 381 ao 384), e no  seu percorrido desprázase pola Galia (Francia), norte de Italia, atravesou o Mar Adriático, e chega a Constatinopla no ano 381.

A Viaxe

A narración describe con detalle o modo de viaxar a través do cursus publicus romano, a rede de vías utilizadas polas lexións nos seus desprazamentos (unha rede de 80.000 km) e as dificultades a superar ao transitar por paisaxes inhóspitos.

Adoitaba empregar como hospedaxe as mansios, ou casas de postas, ou noutras ocasións acolléndose á hospitalidade dos mosteiros implantados en oriente desde hai anos, pero aínda case descoñecidos en occidente.

Varias mencións ao longo do manuscrito suxiren a posibilidade de que contase con algún tipo de salvoconducto oficial que lle permitiu recorrer a protección militar en territorios especialmente perigosos.

O Itinerarium divídese en dous partes: a primeira narra a viaxe e comeza cando Exeria está a piques de subir ao monte Sinaí, tras visitar Xerusalén, Belén, Galilea e Hebrón.

Desde aí diríxese ao monte Horeb, e regresa despois a Xerusalén atravesando o país de Gesén.

Viaxa despois ao Monte Nebo e a Samaria, e cando se cumpren tres anos da súa partida volve de novo a Xerusalén e decide regresar a Gallaecia.

Durante o seu regreso visita Tarso, detense en Edesa, visita Siria e Mesopotamia, e de novo a Tarso. Desde aí pon rumbo a Bitinia e Constantinopla.

O diario da viaxe termina nese punto, aínda que antes de concluír aínda expresa o seu desexo de visitar Éfeso.

A segunda parte do diario describe a liturxia tal e como leva cabo en Terra Santa, en oficios de diario, domingo e durante as festas de Pascua e Semana Santa.

En resumo, de Constatinopla márchase a Xerusalén, Jericó, Nazaret e Cafarmaúm. Posteriormente trasládase a Exipto, Alexandría, Tebas, o Mar Vermello e Sinaí, estarán detallados nos seus cadernos; do mesmo xeito que Antioquía. Mesopotamia, río Eufrates, Siria e regresa.

Descoñécese data e circunstancias do seu falecemento.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo