Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Os Libros de Santiago

4 Xaneiro, 2016

Foto: Porgaliciabaixo

Hai tres libros que nos contan e relatan a historia sobre Santiago de Compostela, historias reais nuns casos, e lendas noutros. Así temos:

1- A historia compostelá, encargada polo bispo Diego Xelmírez, importantísima figura política e eclesiástica galega

2-.”A Lenda Dourada”; escrita por Santiago La Vorágine, arzobispo de Xénova (1228 – 1298). Este libro poderiamos dicir que foi un best seller da Idade Media, e está dedicado, sobre todo, á vida de santos. Sábese que ademais de latín foi traducido ao francés, provenzal, catalán, inglés, alemán, holandés, e iso dános unha idea do seu éxito. Neste libro recóllense historias que xa están relatadas no libro “Liber Sancti Jacobi” sobre Santiago, e isto fíxoo tremendamente popular, estendendo as ideas que pretendía transmitir O Camiño.

3- O libro máis importante sen dúbida, é o propio libro que se  atopa no Arquivo da Catedral de Santiago o Códice “Liber Sancti Jacobi”, “Codex: Calixtinus” ou Libro de Santiago.

Deste libro consérvanse unhas trescentas copias en toda Europa. O de Compostela pertencía ao Papa Calixto II, de aí o seu nome “Codex: Calixtinus” e “oficialmente” tamén se dicía que era o seu autor; estamos falando de entre os anos 1160 e 1170; pero os estudos demostraron que o seu auténtico escritor foi Aymerico Picaud; o atribuírlle a obra ao Papa seguramente tiña como obxecto darlle “maior credibilidade” ao que nela se relataba.

Este libro é máis ben, un libro de libros, que se compón á súa vez de cinco libros:

1º Libro dedicado á liturxia medieval.

2º Milagres de Santiago (Tradución medieval ao castelán e ao galego)

3º A viaxe e chegada do corpo do Apóstolo, desde Xerusalén a Galicia.

4ºCrónica do “Pseudoturpín”( Lazo entre o culto Xacobeo e o culto de Carlomagno)

5º Guía do Peregrino: na que se fan recomendacións sobre a viaxe, e se fala sobre as poboacións e lugares polos que pasa O Camiño. Poderíase dicir, que é a primeira guía turística da historia, paso a paso. Ata houbo quen se escandalizou polos seus contidos cando facían referencia ao mundo erótico e sexual da época.

 

 

 

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo