Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Ruta ao castro de San Cibrao de Las (Ourense)

28 Marzo, 2016

O conxunto arqueolóxico de San Cibrao de Las destaca pola gran superficie que ocupa, aproximadamente unhas 10 hectáreas, e polo seu bo estado de conservación.

Situado no tramo medio do río Miño, dista 18 quilómetros da cidade de Ourense. Ocupa terreos pertencentes aos concellos de Punxín e de San Amaro, nas parroquias de San Xoán de Ourantes e San Cibrao de Las respectivamente, no extremo das chairas de Las e Eiras.

Está situado no cruce dos ríos Miño e Barbantiño, unha situación idónea que ofrece a vantaxe do amplo dominio visual sobre o territorio circundante.

Emprázase sobre unha pequena elevación, a 473 metros sobre o nivel do mar, a carón do dominante Monte de San Trocado, de 550 metros de altitude, no que tamén se atoparon restos dun castro dun período inicial da cultura castrexa. O San Trocado impide o contacto visual directo do río Miño desde o castro. Este contacto visual si que o mantén cos castros de Santa Ádeda, Trelle ou Coto do Castro (no Chan da Ferradura). O castro localízase nun punto de difícil defensa, nun pequeno outeiro con pronunciadas pendentes polo leste, algo menos polo norte e suaves polo oeste e o sur.

Na súa morfoloxía xeral destaca a existencia de dous recintos amurallados: a “croa” ou recinto superior e o recinto inferior, de maior superficie e onde se sitúa a zona destinada ás vivendas dentro do xacemento. O poboado atópase rodeado dun forte sistema defensivo, formado por sólidas liñas de murallas, un foxo e parapetos.
É un castro representativo da etapa final da cultura castrexa, estivo habitado desde o s. II a.C. ata o s. II d.C., existindo ocupacións residuais durante os s. III e IV d.C. Visitalo permite facernos unha idea de como sería a vida hai 2000 anos no noroeste peninsular.

 

CÓMO CHEGAR- Saíndo desde Ourense Cidade

 

Vídeo:


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo