Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Un paseo pola Historia de Pontevedra e a súa comarca

13 Febreiro, 2017



Non é fácil atopar territorios que garden tantos rastros de prehistoria como podemos achar en toda a provincia de Pontevedra, que abarcan desde o Neololítico ao Megalítico, pasando pola etapa castrexa e o dominio romano. Igualmente poderiamos falar da abundancia de montículos, mámoas e petróglifos que poderemos admirar en Cotobade, Campo Lameiro, Ponte Caldelas , Marín, Vilaboa, Poio… Todo iso forma parte do noso patrimonio inmaterial colectivo, en forma de lendas, mitos… en definitiva da nosa cultura. No caso de Pontevedra cidade, alcanza a lenda ao mismísimo Teucro como fundador da mesma. Fundando este heroe da guerra de Troia en terras galegas “Helenes” (Pontevedra).

Pontevedra

No caso de Pontevedra cidade, alcanza a lenda ao mismísimo Teucro como fundador da mesma. Fundando este heroe da guerra de Troia en terras galegas “Helenes” (Pontevedra).

Xa na época do Imperio Romano foise conformando un pequeno núcleo de poboación en torno á ponte que facía posible atravesar o río Lérez pola coñecida Vía XIX per loca marítima, da que se conservan tramos da calzada e miliarios, e que unía, Braga e  Astorga pola Coruña e Lugo. Entrando por Ponte Sampaio e Vilaboa dirixíndose cara ao norte por Barro, foi unha importantísima vía de comunicación que chegou á Idade Media, como importante foi a “Ponte Vella” do Burgo, que como dicimos foi vital no orixinario crecemento da poboación de Pontevedra, e igualmente transcendental no “Camiño Portugués” dos peregrinos que ían a Compostela desde Portugal.

Non se pode esquecer a conexión de Pontevedra e o Camiño de Santiago; a propia patroa da provincia é a moi querida Virxe da Peregrina, que ten o seu santuario no corazón da capital das Rías Baixas. Tamén conta a lenda que a Raíña Lupa era orixinaria de Ponte Caldelas e que nun lugar concreto da ladeira do Monte do Casteliño está a marca dunha pegada do cabalo de Santiago Apóstolo.

En tempos posteriores e despois de pasar as diferentes invasións musulmás, normandas e viquingas –sinalar que quedou na narración da tradición a vitoria de Alfonso II “O casto” en Anceu (Ponte Caldelas) sobre as tropas islámicas capiteaneadas por Malik (rei en árabe) no 825 –, diciamos que despois desta etapa, prodúcese un sólido crecemento monástico nesta terra e un desenvolvemento urbano á vez, tan transcendental que promove a concesión da Carta de Foros á cidade no ano 1169 por parte de Fernando II.

Pontevedra converteuse no porto máis importante de Galicia, cun gran territorio de influencia, ás súas dependencias chegaban cargamentos de pesca cargados de sardiñas, produtos importados desde Inglaterra, Flandes, Francia e do resto da costa da Península Ibérica; e á súa vez desde o Porto de Pontevedra saían mercadorías como os famosos viños do Ribeiro de Ourense e pesca.

En todo este florecemento mercantil,  foi decisivo o gremio dos mareantes, que se dedicaban ao comercio marítimo e inseparables do barrio dá Moureira. Tiveron nos séculos XV e XVI o seu período de máximo esplendor, pertencendo todos eles á Confraría do Corpo Santo, que sufragou o custo da construción da espléndida Basílica de Santa María, e tamén dunha das carabelas de Colón : Expertos investigadores xa dan por bos os minuciosos estudos de Frei Martín Sarmiento cando afirma con precisión: “A nave La Gallega construíuse en Pontevedra e foi dedicada a Santa María A Grande, parroquia dos mariñeiros daqueles lugares”. (1)

Pontevedra

Tiveron nos séculos XV e XVI o seu período de máximo esplendor, pertencendo todos eles á Confraría do Corpo Santo, que sufragou o custo da construción da espléndida Basílica de Santa María, e tamén dunha das carabelas de Colón 

Toda esta riqueza propiciou que en 1467 Enrique IV concedese á cidade de Pontevedra o privilexio de efectuar unha Feira Franca.

Pero Pontevedra non só miraba ao mar… Sempre mantivo unha forte relación coas terras de interior, como exemplo podemos falar de Marín. No século XII esta poboación pasou a mans da abadía cisterciense de Oseira (Ourense), e foi así como converteuse no principal provedor de polbo e peixe do mosteiro, das feiras e das terras ourensás, a tal punto que até o mesmo século XX as estradas e camiños de Cotobade, Ponte Caldelas e Campo Lameiro seguiron sendo usados habitualmente por arrieiros que transportaban en mulas e carros mercadorías desde a costa ao interior de Galicia. Marín deixou de pertencer a Oseira coa Desamortización de Mendizábal do século XIX.

Toda esta puxanza económica e comercial fixo que Pontevedra crecese, e tamén con ela as súas defensas; non falamos só da súa muralla, referímonos tamén ás súas fortalezas, destacando entre elas e que aínda hoxe podemos gozar en perfecto estado do Castelo de Soutomaior. Os seus señores os Soutomaior, foi a liñaxe nobiliario máis importante de Pontevedra no século XV, famosísimo Don Pedro Álvarez de Soutomaior (Pedro Madruga ) nos seus contínuas loitas señoriales e enfrontamentos cos reis de España, e imprescindible na Segunda Guerra Irmandiña (1466-1469). Tamén é interesante a hipótese de que Pedro Madruga podería ser a auténtica identidade de Cristóbal Colón ( a teoría do Colón Galego)(2)

Castillo de Soutomaior

Toda esta puxanza económica e comercial fixo que Pontevedra crecese, e tamén con ela as súas defensas; non falamos só da súa muralla, referímonos tamén ás súas fortalezas, destacando entre elas e que aínda hoxe podemos gozar en perfecto estado do Castelo de Soutomaior.

Pontevedra aínda seguiu sendo a cidade máis puxante e importante de Galicia durante un tempo, aos poucos a chegada dos barcos a vapor, os problemas de calado de porto da cidade fixeron derivar a actividade portuaria á localidade próxima de Marín; e aos poucos a cidade foi perdendo esta relevancia económica.

Tamén sufrimos ataques piratas, un dos máis famosos foi o capitaneado por Francis Drake a finais do século XVI. Outro episodio importante nas nosas costas foi a Batalla de Rande en 1702, onde se afundiu parte da Frota de Indias na Ría de Vigo despois dun ataque da alianza anglo-holandesa.

E tampouco podemos esquecer a Guerra da Independencia española en tempos de Napoleón, e as derrotas das tropas invasoras e do Mariscal Soult en Ponte Caldelas, ou a conquista do Forte de San Fernando por parte dos habitantes de Marín. Pero se hai algo que aínda estea presente hoxe en Pontevedra é a estatua aos Heroes da Batalla de Ponte Sampaio, e que aínda permanece viva na memoria histórica da nosa cidade e dos galegos en xeral. Nesa crucial batalla foron os veciños de Cotobade os que resistiron e fixeron fronte ás tropas francesas capitaneadas polo Mariscal Ney cun “cañon de pau” (cañon feito cun tronco horadado  robustecido con aretes de ferro), mentres permanecían á espera do Batallón Literario.

Monumento a los Héroes de Ponte San Paio

Pero se hai algo que aínda estea presente hoxe en Pontevedra é a estatua aos Heroes da Batalla de Ponte Sampaio, e que aínda permanece viva na memoria histórica da nosa cidade e dos galegos en xeral. Nesa crucial batalla foron os veciños de Cotobade os que resistiron e fixeron fronte ás tropas francesas capitaneadas polo Mariscal Ney cun “cañon de pau” (cañon feito cun tronco horadado robustecido con aretes de ferro), mentres permanecían á espera do Batallón Literario.

Dentro da decadencia e crise económica,  mercantil e de pesca, houbo un elemento que actuou como revulsivo  e non foi outro que o millo que procedía de América, e a difusión do seu cultivo a partir do século XVIII, diso temos como principal elemento na nosa cultura os hórreos repartidos ao longos do territorio en Galicia; pero en Pontevedra se hai algún lugar que destaca por encima de todos, pola súa profusión e pola súa perfecta convivencia entre terra e literalmente mar, é a vila de Combarro.

A nivel cultural foron moi notables no século XVIII os pais Feijoo e Sarmiento. Se a iso engadímoslle o nomeamento  incuestionable de Pontevedra cidade como capital da provincia en 1833, suporá un empuxón máis na modernización e dinamización da nosa cidade, do mesmo xeito que á súa área de influencia. Outro feito decisivo é a chegada do ferrocarril.

Así e todo Galicia emigra, e Pontevedra non é menos. Moi intensos foron os fluxos migratorios nos séculos XIX e até mediados do XX a América principalmente, sendo os principais portos de embarque Marín e Vigo.

Entre finais do século XIX e século XX tamén toman valiosa relevancia a construción naval e a industria de salgadura e conserveira.

En Marín instálase a escola Naval en 1943,  afianzándose así como uns dos principais portos de Galicia.

En política Pontevedra tamén destaca coa fundación do Partido Galeguista en 1931, con Alexandre Bóveda e Castelao como ilustres representantes.

Pontevedra segue mirando ao presente e ao futuro con optimismo, sendo a cidade que máis crece demográficamente de Galicia xunto cos concellos limítrofes, apostando por modernos sectores produtivos , pola dinamización cultural e pola recuperación de recursos medioambientais do mesmo xeito que como exemplo de modelo urbano.

Pontevedra - campolongo

(1) https://cristobalcolongalego.wordpress.com/2014/06/02/el-barco-mas-famoso-del-mundo-la-santa-maria-la-gallega-la-pontevedresa/

(2)https://cristobalcolongalego.wordpress.com/

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo