Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A Casa dos Fonseca ou Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

4 Xullo, 2016



A Casa dos Fonseca é unha construción situada no Paseo de Colón en Pontevedra. É un dos edificios históricos máis impactantes da cidade, que salienta pola súa arquitectura neoclásica e por dúas esfinxes de pedra e dúas altas palmeiras canarias que flanquean a súa entrada. Na actualidade é a sede do Arquivo Histórico da Provincia de Pontevedra.

La casa de los Fonseca

 

Nas súas orixes foi a sede da loxa masónica máis importante da cidade

O edificio foi construído a finais do século XIX e foi rematado no ano 1910. Foi encargado por Eulogio Fonseca, un dos ricos empresarios de Pontevedra de principios do século XX, ao que a serra ou a casa de baños aínda presente en vellas fotografías da Moureira déronlle prestixio e diñeiro.

Nas súas orixes foi a sede da loxa masónica máis importante da cidade. Na sala nobre, xusto detrás do frontispicio, reuníanse os membros da Loxa Marco Aurelio, ligados tanto á masonaría como á teosofía.

En 1955 o edificio é adquirido polo Ministerio de Educación Nacional para albergar dende 1960 o Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública Provinciais. Foi reformado polo Ministerio de Cultura entre os anos 1993 a 1996  e na actualidade é exclusivamente a sede do Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra.

É unha gran mostra sobria e elegante do estilo neoclásico. Desde o paseo accédese ao edificio por unha escalinata de pedra, aos costados da cal se atopan dúas esfinxes que custodian a entrada. Con reminiscencias do eclecticismo e historicismo, no edificio apréciase unha estraña conxunción de formas e elementos.

La casa Fonseca

Desde o paseo accédese ao edificio por unha escalinata de pedra, aos costados da cal se atopan dúas esfinxes que custodian a entrada

Estilo e arquitectura
En canto á composición do edificio, este representa o atrio dun típico templo de orde clásica. A fachada é neoclásica, cun gran pórtico de oito columnas toscanas romanas, ao estilo dun templo romano, que sosteñen un gran frontón aberto por unha xanela semicircular; no alto, e a cada banda do frontón, remátano dous [[grifón]]s alíxeros, que lle dan un ar afrancesado ou napoleónico. O edificio consta de dous andares e ático, en cuxas dependencias destaca a sala nobre, detrás do frontispicio. Os depósitos atópanse acaroados na parte traseira da construción
A cada banda da entrada do edificio atópanse unhas esfinxes de influxo exipcio acompañadas de altas palmeiras que enmarcan a escalinata e o pórtico clásico de entrada.
O edificio erixiuse a imitación dun templo clásico, como a igrexa da Madeleine de París ou o Parlamento de Washington.Posúe todos os elementos deste período: grande escalinata de acceso, columnata na fachada de orde toscana que sostén un entaboamento que funciona como apoio dun frontón triangular.

Fonte: Wikipedia


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo