Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A Don Ramón Otero Pedrayo, no aniversario do seu falecemento (Corenta anos)

15 Abril, 2016




O día 10 de abril fixo 40 anos da morte de Don Ramón Otero Pedrayo, escritor, político e intelectual galego, membro dá Xeración Nós, patriarca das letras galegas. En 1988 dedicóuselle o Día dás Letras Galegas.

A nosa particular homenaxe, é reproducir a crónica publicada en NÓS, do día que ingresou na Real Academia Galega, o 9 de decembro de 1929.

Otero Pedrayo

De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra./ Foto: Wikipedia

Publicado en NÓS;  BOLETÍN MENSUAL DA CULTURA GALEGA

AnoXII  Nº 73 – Ourense 15 de Xaneiro de 1930

OTERO PEDRAYO NA ACADEMIA GALEGA O día 9 de Nadal tivo lugar na Cruña, no salón do Circo d’Artesáns, o solene acto da recepción do noso ilustre e benquerido compañeiro Ramón Otero Pedrayo, na Real Academia Galega.
Presideu o da Corporación, Eladio Rodríguez González, e coil tiñan posto no estrado os Académicos de númaro Sres, Lugrís Freire, Pérez Barreiro, Estrada Catoira, Carré Aldao, Castillo e o noso Direitor Vicente Risco, encarregado de responder ao discurso do recipendario. O salón estaba cheo d’un distinto e escolleito púbrico, antr’o que figuraban moitos Académicos correspondentes, persoalidades da inteleitualidade e da boa sociedade cruñesa.
Foron desiñados pra acompañar ao estrado ao novo Académico, os numerarios Sres. Lugrís e Carré.
Otero Pedrayo non pudo dar leitura senón a algús anacos escolleitos do seu volumoso e intresantismo discurso, no que fai un cumplido estudo, fortemente documentado do movemento romántico en Galiza, que desenrola arredor das tres figuras destacantes de Pastor Díaz, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro, cuia obra coñece ben a fondo. O discurso d’Otero Pedrayo non é somentes a obra d’un erudito, senón d’un pensador e de d’un artista; non é somentes un traballo d’historia literaria, senon tamen d’historia das ideias, con fonda compresión do seu sinificado histórico e eterno.
Nil aséntanse craras definiciós e afirmanzas en col da entrana do Romanticismo e das suas orixes, da difrenza antr’a y-alma clásica e a y-alma romántica, do sentimento da peisaxe e da terra, da saudade, do atlantismo e d’outros moitos problemas que hai tempo an’an antre nós suxetos a porfía, e que hoxe non queremos eiquí desflorar, ata qu’o discurso se pubrique e os galegos que pensan ou sinten inquedanzas, poidan coñecer direitamente a sua doutriña, que n-un resume coma iste poderíamos dar desfigurada. Porque non é cousa pasaxeira, e de momento, o traballo académico d’Otero Pedrayo, senon de duranza e que ha de ter influenza no pensamento galego.
Na resposta de Vicente Risco faise un estudo sintético e breve, anque cumplido, da persoalidade centífeca e literaria, tan rica e polimorfa do novo Académico e da sua obra. O acto resultou ben solene e lucido. Ao outro día obsequiaron a Otero e a Risco c’un almorzó íntemo no Kiosko Alfonso, moitos académicos e algúns amigos, escritores e colaboradores da Editoral NOS.

→LER OU DESCARGAR O DISCURSO DE OTERO PEDRAYO NO INCRESO DA REAL ACADEMIA GALEGA

Otero Pedrayo

 

Otero Pedrayo

Membros do Seminario de Estudos Galegos, en 1928, nas Ruínas de San Domingos de Pontevedra. De esquerda a dereita: De pé: Otero Pedrayo, Losada, López Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira Valverde, García Paz, Pintos Fonseca, Fraguas e Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás. // Foto: Wikipedia

Discurso íntegro de Ramón Otero Pedrayo na coroación poética de Ramón Cabanillas, celebrada en Padrón na Pascua de 1958. Audio cedido pola Fundación Otero Pedrayo e fotos do arquivo de Camilo Agrasar Vidal.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo